domingo, 28 de decembro de 2014

DÍA DOS INOCENTES

     MOITO OLLO!      



Non vos gasten ningunha INOCENTADA no día de hoxe...


Feliz día dos SANTOS INOCENTES!

BO NADAL

Espero que estedes gozando o máximo destas vacacións de Nadal.
Seguro que volo estades pasando xenial xogando cos agasallos de Papá Noel! 

Aproveitade que aínda queda moito por diante: 
FIN DE ANO... 
OS REIS MAGOS...

* Recordades a postal de Nadal que realizamos: unha boliña que pintamos con pincel de pratedo e purpurina, démoslle volume enchendoa con papel hixiénico, o laciño fixémosllo cun limpia-pipas dourodao,  decoramos o fondo con gomets de estreliñas e esribimos BO NADAL con rotulador prateado.
Espero que lles gustase moito ás vosas familas e que a teñades decorando algún recuncho da vosa casa.

A seguir desfrutando...

BO NADAL 







venres, 26 de decembro de 2014

HO HO HO... BO NADAL!

Espero que Papá Noel vos deixase os agasallos que desexábades.



martes, 23 de decembro de 2014

CONTOS DE NADAL

O penúltimo día de clase tivemos a sorte de gozar dunha sesión de CONTACONTOS DE NADAL amenizada polos alumnos de 5º de primaria.

Os pequenos pasaron un rato moi agradable e entretido mentres escoitaban espectantes as historias inventadas dos maoires.





luns, 22 de decembro de 2014

A GOZAR DAS VACACIÓNS!

Hoxe comezan oficialmente as VACACIÓNS DE NADAL para os pequerrechos da casa.


Gozade o máximo destas datas máxicas en familia!



Aproveitade para votarlle unha ollada a todos os traballos que os nenos realizaron durante o primeiro trimestre... 

Valorado o seu esforzo, observade como foron mellorando co paso dos meses, revivide vivenzas  e coñecementos... Fácede que se sintan especiais!



domingo, 21 de decembro de 2014

ACTUACIÓN "HAPPIEST CHRISTMAS TREE"

Abrimos a festa de Nadal coa panxoliña do boneco de neve e puxémoslle o broche final coa da árbore feliz...

Aquí vos deixo aos pequechiños facendo alarde da súa incrible pronunciación en inglés!


sábado, 20 de decembro de 2014

ACTUACIÓN "MUÑECO DE NIEVE"


En vivo e en directo...

Preparádevos para que vos caia a baba coa actuación dos vosos pequechiños!
  


A min xa se me caeu!




FESTA DE NADAL

No último día de cole antes das vacacións de Nadal celebramos unha pequena festa na que participamos os alumnos de infantil e primaria do CPI de Pontecesures.

Os nenos deleitáronnos cantando diversas PANXOLIÑAS e como broche final da festa os REIS MAGOS apareceron no ximnasio para recoller as cartas dos pequenos e agasallalos cunha bolsa de chuches...





A mellor maneira de dicir...
ATA O ANO QUE VEN!

xoves, 18 de decembro de 2014

"NESTE NADAL RISAS A RACHAR"

De novo voltamos a converternos en "estrelas" por uns días para grabar outra curtametraxe, neste caso sobre o Nadal.

Para realizala inspíramonos en anuncios e acontecementos típicos destas datas.

Esperamos que vos guste!


COMILONA DE NADAL

Para despedir o trimestre e recibir as vacacións de Nadal da mellor maneira posible, hoxe fixemos unha COMILONA todos os alumnos de Educación Infantil do CPI de Pontecesures.

Primeiro tocou encher as barrigolas de snacks variados para logo  queimar as calorías xogando con globos, saltando e bailando.
Menuda festaza!



mércores, 17 de decembro de 2014

VISITA Ó BELÉN DE VALGA

Hoxe tivemos a sorte de visitar o fermoso BELÉN DE VALGA.

Cada ano logra sorprendernos reflexando as últimas noticias da actualidade do ano.

Ós pequechos encantoulles o Belén, quedándose cada un ca súa parte favorita: o anxo, os reis magos, o castelo, o tren, a noria, o barquiño, os ciclistas... 

































Merece a pena acercarse a CAMPAÑA - VALGA para desfrutar desta obra de arte.

martes, 16 de decembro de 2014

ABETOS DE NADAL

Hoxe levamos outra manualidade de Nadal para decorar as nosas casas.

*Picamos despaciño 2 árbores, démoslle textura con cera branda verde, decorámolos con gomets de círculos de cores coma se fosen as boliñas e na punta puxémoslle unha estrela dourada.
Pegamos un contra o outro pola punta para logo poder abrilo e que se sosteña en pé.

ABETOS DE NADAL EN 3D


PAPÁ NOELES E RUDOLPH O RENO

Hoxe foi un gran día no que o pasamos xenial polo colexio adiante.

Os pequenos convertéronse en Papá Noeles e eu no seu Reno Rudolph!

Así caracterizados fomos de vísita ao edificio de Educación Primaria para ver a súa decoración e de paso felicitarlles as festas aos nenos maiores...

                                       HO
                                              HO
  HO
                  BO
                                             NADAL!







            


           

luns, 15 de decembro de 2014

HAPPIEST CHRISTMAS TREE

Estamos medrando nun entorno plurilingüe...

                   GALEGO
                             CASTELÁN
                                                   INGLÉS...

Por iso neste tempo de Nadal aprendemos panxoliñas nas 3 linguas.

Aquí vos deixo a que interpretaremos este venres facendo alarde do nosa boa pronunciación en lingua extranxeira... 




Para que practiquedes a vosa pronunciación aquí tedes a LETRA:

With a hey and a hee and a hoo hoo
With a hee and a hoo and a hah hah
With a hoo and a hah and a hee hee

I'm the happiest Christmas tree
Hoo hoo hoo, hee hee hee
Someone came and they found me
And took me home with them

Oh, I'm the happiest Christmas tree
Hoo hoo hoo, hee hee hee
Look how pretty they dressed me
Oh, lucky, lucky me

I got shiny bells that jingle
And tiny lights that tingle
Whenever anyone passes by
I blink my lights and I wink my eye

Oh, I'm the happiest Christmas tree
Christmas day, wait and see
I'll be laughing happily
With a hoo-hoo-hoo-hee-hee

With a hey and a hee and a hoo hoo
With a hee and a hoo and a hah hay
With a hoo and a hah and a hey hey

...

With a hee and a hoo
With a hee and a hoo
With a hee and a hoo
...



BOLIÑAS DE NADAL

Que fermosos van a quedar os nosos ABETOS DE NADAL con estas BOLIÑAS que fixemos tan brillantes!



Encántanos a purpurina!



domingo, 14 de decembro de 2014

OS RENOS DE PAPÁ NOEL

Mirade que simpáticos quedaron os nosos RENOS!

Poderán tirar do trineo cheo de agasallos de Papá Noel?



xoves, 11 de decembro de 2014

"MUÑECO DE NIEVE"

Esta é a PANXOLIÑA coa que sorprenderemos aos nosos compañeir@s este ano na festa de Nadal.



Papás e Mamás, animádevos a aprendela para cantala nestas festas!

Aquí vos deixo a LETRA:


Érase un muñequito de nieve 
que conmigo eramos nueve 
los amigos de mi  barrio
al principio era muy pequeñito

pero luego luego se creció y creció,

con una panzota bien grandota 
de nariz y una pelota 
corbatín y un gran sombrero
era mi muñequito de hielo
que en diciembre todo se formó.


Muñeco de nieve navidad (bis)

muñeco de nieve navidad,

muñeco de nieve navidad, navidad.


POSTAL: Abeto de Nadal

Hoxe levamos para casa unha das manualidades de Nadal que fixemos!






Estes días ensinaremos algunha máis...

CHEGOU O NADAL!

Que vos parece a nosa decoración para este NADAL?

* Parece que a Papá Noel vánselle caendo os agasallos do saco mentres sae pola cheminea...



xoves, 4 de decembro de 2014

OUTONO

Saimos polo arredores do cole a observar os cambios que o OUTONO produce na Natureza.

Aproveitamos para recoller follas.
 
 

 

FROITOS DO OUTONO

Na estación do OUTONO hai moitos froitos ricos.
Nos fixemos una pequeña DEGUSTACIÓN:

MANDARINAS
               GRANADAS
                            CAQUIS
                                    AVELÁS
                                            AMENDOAS
                                                            NOCES
                                                                      MMM...


 Compartimos a experiencia cos alumnos da clase de 3 anos.

MAGOSTO

Celebramos o Magosto...
 

QUE RICAS ESTABAN AS CASTAÑAS!
 

 

VISITA DE MARTÍ

No mes de Novembro veu o noso compañeiro MARTÍ a facernos una visita.

         QUE GANAS TIÑAMOS DE VELO!



mércores, 19 de novembro de 2014

O MEDO É LIBRE

Esta é a curtametraxe que os alumnos de 3 e 4 anos grabamos para o II CERTAME DE MEDO con motivo do celebración do SAMAÍN.

Con este vídeo GAÑAMOS na categoría infantil!




BENVID@S

BENVID@S  "A AULA DE BERE"
Un blog adicado ás experiencias e vivenzas da aula de 4 ANOS de Educación Infantil do CPI DE PONTECESURES.