Amosando publicacións coa etiqueta PSICOMOTRICIDADE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PSICOMOTRICIDADE. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de abril de 2020

ACTIVIDADES FÍSICAS 9

Aquí vos deixo a entrega número 9 de ACTIVIDADES FÍSICAS #EuFicoNaCasa, con novas propostas de actividades para levar mellor o confinamento e facer exercicio dentro da casa, dunha maneira diferente, dinámiba e divertida.


Xa sabedes: “ACTIVIDADE FÍSICA e a FICAR NA CASA!”


"SEMPRE é demasiado cedo para retirarse".
                                                                                                          Norman Vince Peale



"Todo é PRÁCTICA.".
                                         Pelé


ACTIVIDADES
FÍSICAS 9




XUNTOS IMOS PARAR AO VIRUS,


PERO, O VIRUS, NON NOS PARA A NÓS!



martes, 14 de abril de 2020

ACTIVIDADES FÍSICAS 8

Arrancamos este 3º TRIMESTRE confinados nos nosos fogares, máis iso non pode impedir que practiquemos ACTIVIDADE FÍSICA, que hoxe máis ca nunca cobra especial relevancia.


O sedentarismo non pode apoderarse de nós durante estas datas. E preciso moverse, estar activo... baila, salta, xoga! O espazo non é escusa, pois como podedes ver nos meus vídeos, con obxectos cotiás podemos facer actividade física: QUERER É PODER!


A partires de hoxe volvemos á rutina, e eu volvo a subir VÍDEOS de ACTIVIDADES FÍSICAS, para que exercitedes o corpo mentres seguimos loitando contra o COVID-19.


* Cada semana subiranse 2 vídeos novos, pero lembrádevos dos anteriores para retomar as actividades propostas.



E xa sabedes: “ACTIVIDADE FÍSICA e a FICAR NA CASA!”


"A MOTIVACIÓN é a que che pon en marcha, e o HÁBITO é o que fai que sigas".
                                                                                                                                                                     Jim Ryun


ACTIVIDADES
FÍSICAS 8




XUNTOS IMOS PARAR AO VIRUS,


PERO, O VIRUS, NON NOS PARA A NÓS!



venres, 20 de marzo de 2020

ACTIVIDADES FÍSICAS 2

Aquí vos deixo un novo vídeo para promover a actividade física durante o confinamento.
ÁNIMO!

ACTIVIDADES
FÍSICAS 2


XUNTOS IMOS A PARAR AO VIRUS,
PERO, O VIRUS, NON NOS PARA A NÓS!


mércores, 18 de marzo de 2020

ACTIVIDADES FÍSICAS 1

Durante o confinamento, debes exercitar MENTE e CORPO!


Aquí vos deixo o primeiro vídeo con ACTIVIDADES FÍSICAS para realizar na casa!




XUNTOS IMOS A PARAR AO VIRUS,
PERO, O VIRUS, NON NOS PARA A NÓS!



luns, 23 de outubro de 2017

COÑECENDO O NOSO CORPO

O COÑECEMENTO DO CORPO e fundamental, sobretodo nas primeiras idades. Por iso, dende PSICOMOTRICIDADE, realizamos multitude de actividades e xogos encamiñados a que @s nen@s coñezan o seu propio corpo e o dos demais.

Descubrirán que partes do corpo interveñen en cada actividade, poñerán en práctica todas as posibilidades de movento do seu corpo, asumirán as súas limitacións sen frustrarse e respetando a variedade da aula...

A continuación, aparecen algunhas das activides que realizamos, nas primeiras sesións do curso, para traballas o COÑECEMENTO DO CORPO.

* Colocar a pelota na parte nomeada. 



* Por parellas: tocar coa pelota a parte do corpo que nomea a mestra.



* Por parellas: transportar a pelota, agarrándoa coa parte do corpo nomeada. 



* PICAS: deixar voar a nosa imaxinación "convertindo" a pica en diferentes obxetos, e imitar o movemento que realizaríamos con eles. Con que parte ou partes do corpo teño que realizar os movementos?



MUDAMOS OS TENIS

Para @s alumn@s de 4 ANOS (5º de E.I.), este ano as sesións de PSICOMOTRICIDADE, comezan con algo novo. Nada máis chegar ao ximnasio teñen que... 

MUDAR OS TENIS 


Un hábito de autonomía persoal que contribúe directamente, non só na autonomía, senón que tamén favorece o desnevolvemento da psicomotricidade fina  contribuíndo así á realización de multitude de movementos e actividades por parte d@ nen@.  

Tanto no cole, coma na casa, a AUTONIMÍA d@s nen@s, debe ir en aumento progresivo a medida que medran. A esta idades debemos fomentar a atonimía en hábitos diarios como, por exemplo, vestirse e espirse sós. 

Ao mesmo tempo, contribuímos ao coidado do chan do ximnaso (xa que é de parqué, e cos tenis sucios ou mollados deteriórase).

PESÁMONOS E MEDÍMONOS

Os primeiros días de cole, PESÁMONOS e MEDÍMONOS para ao rematar o curso facer a comparativa. 



Dentro dos contidos que traballamos en E.F., atópase a educación para a saúde, que engloba a alimentación e os hábitos de vida saudable. 

Unha boa alimentación acompañada de exercicio físico, é fundamental para ter unha boa saúde, cun peso axeitado, concorde coa altura e a idade de cada nen@. 

Para conseguir isto, debe haber un traballo conxunto entre familia e escola. 


luns, 11 de setembro de 2017

PSICOMOTRICIDADE e EDUCACIÓN FÍSICA

Posto que este curso, impartirei tamén as materias de Psicomotricidade e E.F., deíxovos aquí o HORARIO dos diferentes grupos:

PSICOMOTRICIDADE:
O día que lles corresponda, @s alumn@s deberán vir vestidos con roupa e calzado deportivo, e un par de tenis nunha mochila, para poder cambialos no ximnasio. (@s alumn@s de 3 anos, non terán que traer o par de tenis a maoires).

3 ANOS - Venres
4 ANOS -  Luns
5 ANOS - Venres

* As cazadoras, chaquetas de chándal..., a mochila, e os tenis, deben traer NOME. 

EDUCACIÓN FÍSICA:
Os día correspondentes, @s alumn@s deberán vir con roupa e calzado deportivo cómodo, e nunha mochila ou bolsa de deporte:
- un par de tenis
- unha camiseta 
- un paquete de toalliñas húmidas
para asearse ao rematar a actividade física.

* Prégovos que etiquetedes co NOME todo o que @s alumn@s traen ao ximnasio, para facilitar localizalo, en caso de que se estravíe ou de que o esquezan. 

1º E.P. - Luns e Xoves
2º E.P. -  Luns e Mércores
3º A E.P. - Xoves e Venres
3º B E.P. - Martes e Venres
4º E.P. - Luns e Mércores

* Ao longo dos primeiros días, facilitaréivos unha folla para que cubrades cos datos persoais, sobre @s alumn@s.

* @s alumn@s que teñan E.F. a última hora, os familiares que veñan a buscalos, deberán pasar a recollelos á porta do ximnasio.