domingo, 15 de outubro de 2023

PRIMEIROS DÍAS 23.24

Que A NOSA AULA sexa un espazo fermoso, acolledor, motivador... é un reto constante, pero que cada inicio de curso cobra un maior sentido, posto que sempre intento darlle algunha volta para conseguir impresionar ao alumnado e facer que se sintan moi a gusto nun lugar no que pasan gran parte do seu día a día, e onde tentamos aprender dun xeito lúdico e motivador.

Do mesmo xeito, hai que prestar especial coidado no deseño de propostas e actividades para, a través delas, conseguir acadar os obxectivos plantexados. 

Xogar cos intereses e motivacións d@s peques, atender as súas necesidades, favorecer o desenvolvemento das súas habilidades, buscar o efecto sorpresa... son aspectos fundamentais a ter en conta. 

A continuación, poderedes observar algunhas das propostas coas que se atoparon @s cativ@s os primeiros días de clase. 








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.