luns, 23 de outubro de 2017

COÑECENDO O NOSO CORPO

O COÑECEMENTO DO CORPO e fundamental, sobretodo nas primeiras idades. Por iso, dende PSICOMOTRICIDADE, realizamos multitude de actividades e xogos encamiñados a que @s nen@s coñezan o seu propio corpo e o dos demais.

Descubrirán que partes do corpo interveñen en cada actividade, poñerán en práctica todas as posibilidades de movento do seu corpo, asumirán as súas limitacións sen frustrarse e respetando a variedade da aula...

A continuación, aparecen algunhas das activides que realizamos, nas primeiras sesións do curso, para traballas o COÑECEMENTO DO CORPO.

* Colocar a pelota na parte nomeada. 



* Por parellas: tocar coa pelota a parte do corpo que nomea a mestra.



* Por parellas: transportar a pelota, agarrándoa coa parte do corpo nomeada. 



* PICAS: deixar voar a nosa imaxinación "convertindo" a pica en diferentes obxetos, e imitar o movemento que realizaríamos con eles. Con que parte ou partes do corpo teño que realizar os movementos?



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.