domingo, 1 de outubro de 2017

INVESTIGADOR@S

O primeiro contacto como INVESTIGADOR@S foi gratamente positivo. A gran maioría  foron capaces de atopar o nome da variedade de cogomelo que levei á clase.

Un exercicio moi beneficioso para decatarse de que aspectos son imprescindibles á hora de realizar unha búsqueda e e un tratamento axeitado de dita información



Fixemos unha posta en común, na que tod@s aportaron datos interesantes.


O encargado do día, foi tomando nota:




*Nome: MACROLEPIOTA PROCERA
* Outros nomes: os nomes populares que recibe, atenden ás súas formas características: cogordo, cachote, cerrote, patamela, chouparro, choupín...


* Partes: Sombreiro, anel e pé. 

- O sombreiro pode chegar a medir 30cm de diámetro. Cor branco sucio con escamas marróns. 


Pola parte de abaixo ten unhas láminas de cor branco que asemellan ás follas dun libro aberto.


- O anel é dobre, de cor branco na parte superior e crema na inferior. É móvil, xa que pode deslizarse polo pé. 





- O é cilíndrico, recto e foco. Pode chegar a medir 40cm  de alto. Na súa base, ten un bulbo. 




* Crecemento: cando o sombreiro está pechado, asemellan baquetas de tambor, mentres que a medida que medran e chegan ao seu máximo crecemento, asemellan parasoles. 

* Outros datos interesantes:
- Medra nos claros dos bosques, pastos ou nas beiras dos camiños. Pode aparecer individualmente ou en grupo. 
- É comestible. Aprovéitase o sombreiro, xa que o pé é moi fibroso. Ten un olor e un sabor suave. 
(As veces confúndese con unha lepiota tóxica).




Aproveitamos para falar un pouco do reino dos FUNGOS, ao que pertencen os cogomelos, e tamén, xa que estamos na época, da recolección dos mesmos, iniciándonos un pouco na MICOLOXÍA, ciencia que se ocupa do estudo dos fungos. 





Habitualmente, realizaremos máis actividades de investigación... 

"APRENDER A APRENDER"



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.