luns, 23 de outubro de 2017

EQUILIBRIO

*O EQUILIBRIO é a habilidade de manter o corpo na posición erguida gracias ós movementos compensatorios que implican a motricidade global e a motricidade fina, que é cando o individuo está quieto (equilibrio estático) ou desprazándose (equilibrio dinámico). Álvarez del Villar

Durante varias sesións de E.F. estivemos traballando o EQUILIBRIO.

* A persar de traballar o equilibrio dendo 1º ata 4º (os cursos nos que imparto clase), a dificultade vai aumentando a medida que subimos de nivel. 

EQUILIBRIO ESTÁTICO:





* Sobre un punto de apoio (ir cambiando o pé).


* Sobre unha illa de equilibrio.





* Cun saco de area na cabeza.



* Combinación: sobre unha illa de equilibrio cun saco de aerea. 



EQUILIBRIO DINÁMICO:




* Camiñar coma equilibristas polas liñas do ximnasio (logo engadir un saco de area na cabeza)





* Circuito de equilibrio: con varios elementos a diversas alturas.







* Circuito de equilibrio por equipos:












* Zancos: toma de contacto.






* Mini circuito de zancos por equipos:








XOGOS DE EQUILIBRIO:

* Todos enriba do banco (a superficie de apoio no banco, vaise reducindo de cada vez).



* O rei do castelo: en dous equipos, un sube ao banco-castelo, e o outro equipo-atacante, dende abaixo ten que "tiralo". Múdanse os papeis. Gaña o equipo que logre estar máis tempo enriba do castelo. 



* Equilibrio de alturas: colocar varios elementos sobre os que poder subirse por todo o ximansio (illas de equilibrio, bloques, soportes, cadeiras...). Correr por todo o ximnasio, ao escoitar o silvato, subirse a un obxecto. Comezar con tantos soportes coma número de participantes, e ir retirando progresivamente. Os que non teñan a onde subirse, quedan eliminados. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.