luns, 9 de outubro de 2017

IDEAS PREVIAS

Antes de comezar calquera tema novo, facemos unha ASAMBLEA para ver cales son as IDEAS PREVIAS que teñen @s alumn@s sobre o mesmo, xa que estas determinarán o punto de partida.

Os coñecementos previos, xunto co que eles queren aprender (pregunta que abordamos xusto despois) é o eixe conductor do proceso de aprendizaxe, asegurando así que a motivación d@ alumn@ será maior e mellor. 

Se a todo isto, lle engadimos, que serán "investigadores" e partícipes activos de todo o proceso, conseguiremos que sexan verdadeiros protagonistas da súa aprendizaxe, conseguindo que non memoricen conceptos que rapidamenten pasarán ao esquecemento... 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.