luns, 11 de setembro de 2017

PSICOMOTRICIDADE e EDUCACIÓN FÍSICA

Posto que este curso, impartirei tamén as materias de Psicomotricidade e E.F., deíxovos aquí o HORARIO dos diferentes grupos:

PSICOMOTRICIDADE:
O día que lles corresponda, @s alumn@s deberán vir vestidos con roupa e calzado deportivo, e un par de tenis nunha mochila, para poder cambialos no ximnasio. (@s alumn@s de 3 anos, non terán que traer o par de tenis a maoires).

3 ANOS - Venres
4 ANOS -  Luns
5 ANOS - Venres

* As cazadoras, chaquetas de chándal..., a mochila, e os tenis, deben traer NOME

EDUCACIÓN FÍSICA:
Os día correspondentes, @s alumn@s deberán vir con roupa e calzado deportivo cómodo, e nunha mochila ou bolsa de deporte:
- un par de tenis
- unha camiseta 
- un paquete de toalliñas húmidas
para asearse ao rematar a actividade física.

* Prégovos que etiquetedes co NOME todo o que @s alumn@s traen ao ximnasio, para facilitar localizalo, en caso de que se estravíe ou de que o esquezan. 

E.P. - Luns e Xoves
 E.P. -  Luns e Mércores
A E.P. - Xoves e Venres
B E.P. - Martes e Venres
 E.P. - Luns e Mércores

* Ao longo dos primeiros días, facilitaréivos unha folla para que cubrades cos datos persoais, sobre @s alumn@s.

* @s alumn@s que teñan E.F. a última hora, os familiares que veñan a buscalos, deberán pasar a recollelos á porta do ximnasio. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.