xoves, 21 de setembro de 2017

APRENDENDO A "FACER EQUIPO"...

Este curo o TRABALLO EN EQUIPO estará moi presente... 

Este curso, a distribución dos pupitres na aula xa deixaba entrever que apostábamos polo traballo en equipo, onde os seus membros colaborarán e traballaran xuntos para poder axudarse e  beneficiarse os uns dos outros.

Con esto pretendo que cada nen@ aporte o seu gran de area para que o traballo en equipo permita os mellores resultados; xa que cando se traballa en equipo dun modo eficaz os esforzos dos seus membros poténcianse, diminue o tempo de acción e aumenta a eficacia dos resultados.  

O traballo en equipo é beneficioso por múltiples razóns:

* Favorece a creatividade e a aprendizaxe: deben deixar o egocentrismo de lado para escoitar diferentes puntos de vista, beneficiándose deles e aprendendo.

* Mestura de talentos e ideas diversas: que contribuen é abrir a mente e unir forzas.

* Reduce o estrés: xa que se reparten as tarefas e o peso recae en todo o grupo.

* Mellora a efectividade, o desempeño e a productividade: xa que cada membro aporta o mellor de si mesmo, o que mellor sabe facer ó tempo que se beneficia das capacidades dos demais.   

O bo traballo en equipo conséguese cas "5 C"
* Comunicación
* Coordinación
* Complementariedade
* Confianza
* Compromiso

Deste xeito, para potenciar o traballo en equipo, teño que conseguir, a través das diferentes actividades e tarefas que realicemos, que creen o sentimento de pertenza ó grupo. Que entre todos os membros construan un vínculo de confianza. Vai a ser moi importante impulsar a comunicación para que cheguen ó entedendemento e facerlles ver o beneficioso que é a diversidade. Deben asumir reponsabilidades compartidas, compromiso mutuo e saber celebrar os éxitos do equipo e aprender dos tropezos. 

Ademais de todos os aspectos citados anteriormente, que abalan os beneficios do traballo en equipo preparaos para o seu futuro laboral, xa que a gran maioría de traballos, requiren traballar en equipo.

A primeira toma de contacto co traballo en equipo, será cun PROXECTO sobre A NUTRICIÓN , que levaremos a cabo na materia de CIENCIAS NATURAIS. 

Establecidos os equipos, o primeiro... poñerlle nome!



Para realizar o proxecto, dividimos a nutrición en catro:
* Aparello DIXESTIVO
* Aparello RESPIRATORIO
* Aparello EXCRETOR
* Sistema NERVIOSO


Unha "man inocente" de cada equipo, elexiu unha papeleta ao azár, para ver que parte do proxecto deberían realizar.




A partir da semana que ven, comezarán a traballar en equipo nas sesións de naturais. O primeiro que deben facer, durante estos días, é a BÚSQUEDA DA INFORMACIÓN.

Sobre ela comezarán a traballar para realizar a EXPOSICIÓN ORAL (parte final do proxecto), pero para chegar a ela, queda moito traballo: preparar a información, realizar murais, maquetas, preparar exemplos prácticos...

@s alumn@s verdadeiros protagonistas da súa aprendizaxe!

Todo iso... iréivolo contando...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.