Despois das merecidísimas VACACIÓNS DE VERÁN, chegou o momento
da...
Hoxe damos comezo a un novo curso...
BENVIDO
CURSO 2017*18
Espero que sexa un curso cargado de novas
aprendizaxes, de grandes experiencias, de momentos incribles, de vivencias
inolvidables ...
Hoxe, xuntos, de novo, damos o primeiro paso
para seguir medrando, vós como alumn@s e eu coma mestra...
Teño a sorte de poder seguir no meu centro
"de referencia", o CPI DE PONTECESURES, un ano máis; pois a pesar de
ter suprimida a praza que eu ocupaba como mestra definitiva, non quero
desvincularme do que xa é "o meu cole".
Inicio para min, unha nova etapa, diferente,
pero moi interesante, por iso a afronto chea de ilusión, con ganas de seguir
aprendendo e poñéndome a proba como docente; pois eu , como mestra sinto o
deber, e a necesidade, de seguir aprendendo día a día, para ofrecerlle o mellor
aos meus alumn@s.
Este curso A AULA DE BERE, será algo diferente... abarcará novos “campos”...
xa que este curso serei a mestra PSICOMOTRICIDADE para o alumnado de Infantil,
a mestra de EDUCACIÓN FÍSICA para os alumnos de 1º a 4º de Primaria, e
compartirei a titoría de 6º de E.P. , impartindo as materias de LINGUA CASTELÁ,
CIENCIAS NATURAIS e CIENCIAS SOCIAIS.
Os meus ideais e a miña metodoloxía, seguen sendo os mesmos,
independentemente do curso, da idade ou da materia... aposto por unha educación
globalizada na que o alumno sexa o protagonista da súa aprendizaxe.
Ao longo do curso, este blog, seguirá sendo unha ferramenta de comunicación
entre a escola e a familia, un caderno de bitácora, que poderedes seguir, para
sabelo todo sobre o proceso de aprendizaxe dos meus alumnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.