A escola está orientada cara a formación
integral dos alumnos e a preparación dos mesmos para a vida en sociedade; de
feito, a aula en si, o grupo clase, é un modelo social, no que os nenos van
poñéndose a proba e preparándose para o futuro: día a día cos compañeiros,
convivencia, relacións interpersoais, conflitos diarios...
A medida que medran, estas relacións entre iguais
“complícanse”, xa que empezan a entrar en xogo novos factores... que moitas veces
levan a desatar que deixe de haber harmonía no grupo clase, afectando directamente
no ambiente educativo.
Por isto, pareceume interesante, aproveitar
estes primeiros días de curso, para traballar co meu grupo de 6º, a importancia
de ter unhas normas ou directrices, na aula, para garantir ese ambiente
educativo harmónico.
Como xa puidéchedes comprobar, nunha publicación anterior, en
grupo, puxémonos a elaborar, o que os propios alumnos nomearían como...
GUÍA DE COMPORTAMENTO
para 6º
Para a elaboración da mesma, individualmente,
fixeron aportacións coas normas que consideraban, que debían formar parte da
mesma, para logo, en consenso grupal, analizalas, desenvolvelas, resumilas...
En equipo, redactaron e decoraron estas 13 directrices, para despois colocalas no “corcho” da nosa aula, e así telas presentes no día a día, para cumprilas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.