luns, 11 de setembro de 2017

1º DÍA

Despois de moitos días de lecer hoxe tocou VOLVER AO COLE, para reencontrarse c@s compañeir@s e afrontar con ganas e ilusión o derradeiro curso de primaria...

Ás 9.05 da mañá, soaba o timbre e @s alumn@s, acompañados polas familias, agardaban nerviosos que @s titor@s saíran a buscalo:
* algúns, preocupados porque tocaba "mesturarse", e non sabían si se separarían d@s seus mellores amig@s.
* outros, sen saber nin que aula nin que mestr@ lle esperaba.
* e os de , sabendo que era o primeiro paso cara o último curso de primaria. Unha etapa que comezaron hai 6 anos, e que este chegará á súa fin.

Hoxe daban os primeiros pasos cara esa recta final que terá lugar no mes de xuño... pero, aínda queda un longo camiño, cargado de novas aprendizaxes.

No que se refire @s alumn@s de 6º, o día comezou con algunha sorpresa: unha aula cun lavado de cara, buscando que sexa acolledora e motivadora, e novos mestres... Entre eles, eu, que afronto con moita ilusión e ganas, a titoría compartida deste curso.

Impartireilles as materias de LINGUA CASTELÁ, CIENCIAS NATURAIS e CIENCIAS SOCIAIS. Cun propósito común en ambas: que aprendan dun xeito divertido e motivador mentres el@s son @s protagonistas da súa aprendizaxe.

Hoxe, tivemos a “presentación oficial”, a pesar de coñecernos dende que estaban na etapa de Educación Infantil, na cal tiven sorte de darlles clase de música e psicomotricidade. 

Expliqueilles como ía ser a metodoloxía de traballo que quería seguir con eles e conxuntamente realizamos un listado de NORMAS a nivel grupo-clase, para propiciar un ambiente de aprendizaxe no que reine o compañeirismo e o respecto, algo fundamental, que non é doado a estas idades, pero si é imprescindible...

A man alzada, cada alumn@ ía dicindo unha norma, que consideraba importante, entre todos, analizámola para saber todo o que englobaba. Conseguimos facer unha Lista con 14 NORMAS, que mañá repasaremos e darémoslle unha volta, para de, maneira consensuada, transcribilas en equipo, e facer un mural, para que ocupen un lugar destacado nunha parede da nosa aula, para así telas presentes no día a día.



Mañá continuamos... cal será o resultado final?

Esta é a primeira instantánea do grupo de 6º de E.P.





A primeira de moitas...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.