Arrancamos este 3º
TRIMESTRE confinados nos nosos
fogares, máis iso non pode impedir que practiquemos ACTIVIDADE FÍSICA, que hoxe máis ca
nunca cobra especial relevancia.
O sedentarismo non
pode apoderarse de nós durante estas datas. E preciso moverse, estar activo...
baila, salta, xoga! O espazo non é escusa, pois como podedes ver nos meus
vídeos, con obxectos cotiás podemos facer actividade física: QUERER
É PODER!
A partires de hoxe
volvemos á rutina, e eu volvo a subir VÍDEOS
de ACTIVIDADES FÍSICAS, para que
exercitedes o corpo mentres seguimos loitando contra o COVID-19.
* Cada semana subiranse 2 vídeos novos, pero
lembrádevos dos anteriores para retomar as actividades propostas.
E xa sabedes: “ACTIVIDADE FÍSICA e a FICAR NA CASA!”
"A MOTIVACIÓN é a que che pon en marcha, e o HÁBITO é o que fai que sigas".
Jim Ryun
ACTIVIDADES
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.