domingo, 26 de abril de 2020

SAÍDA D@S PEQUECH@S!


Quen nos ía dicir, aló polo 13 ou 14 de MARZO, o que nos esperaba?
Quen se puidera ter imaxinado o “encerro” que se nos viña enriba?

Pechámonos dentro dos nosos fogares para loitar unidos contra un inimigo invisible e descoñecido que chegou para darlle un xiro de 360º ás nosas vidas.

Ninguén sabía que isto podía ser tan cruento e duro. Cada día que pasaba a incerteza do confinamento consumía os nosos folgos.

Unha negra sombra cubría todo co seu manto de tristura e dor, máis, non nos deixamos asolagar e unimos os nosos folgos para encher de luz os días: saíndo ás fiestras para aplaudir e agradecer a todos os heroes e heroínas, enchendo os balcóns de música que nos unía a pesar da distancia, compartindo todo o tempo, que agora temos, ao carón da familia...

Está claro que este virus axitou tan fortemente as nosas vidas, que xamais volvermos a ser coma antes... mais, iso é positivo, posto que aprendemos a darlle prioridade ás cousas realmente importantes, a valorar detalles que antes pasaban desapercibidos por mor da “presa” constante na que vivíamos.

O valor das cousas cambiou. As nosas saudades non teñen nada que ver co material: precisamos dar apertas fortes aos nosos seres queridos, dar bicos cheos de agarimo, reencontrarnos cos amigos para compartir momentos xuntos, pasear pola natureza, gozar das fermosas paisaxes da nosa terra, pechar os ollos e escoitar o bater das olas, ulir a terra mollada... iso non ten prezo!

Decatámonos de algo moi importante: ESTE VIRUS, PARÁMOLO XUNTOS! Non pensamos egoistamente en nós, senón que nos unimos para loitar en equipo. Que gran lección! (Ogallá non se nos esqueza nunca...)

Aínda que a gran lección deste confinamento debémoslla aos máis pequenos da casa. Elxs si son HEROINAS/HEROES! Adaptáronse a esta dura situación, fixéronse responsables, aceptaron e cumpriron as normas, mostraron o seu afecto cos que teñen que seguir traballando, seguiron estudando... Emocionalmente demostraron que son fortes e que nos gañaron con creces.  

Por iso a partir de hoxe, teñen o seu premio: PODER SAÍR!
Pasaron moitos días, demasiados, e aínda queda algún máis... pero hoxe ábrese un porta de esperanza que nos enche de forza para continuar coa loita. Mais, debemos ser responsables coas saídas, para non retroceder na baixada da curva de contaxio.

Tede moi en conta as instrucións do Ministerio de Sanidade:



SAÍDAS DXS CATIVXS

* Ata os 14 anos (inclusive)
* 1 hora ao día: entre as 9:00 e as 21:00
* 1km de distancia da casa
* Acompañados dun adulto (que resida con eles)
* Máximo 3 nenxs por adulto.
* Respectar a DISTANCIA DE SEGURIDADE! (1,5/2m con outrxs nenxs e adultos)
* Poden correr, xogar, facer exercicio, levar os seus xoguetes (se baixan xoguetes hai que desinfectalos ao volver á casa)
* NON se poden empregar os PARQUES
* No eido rural poderán saír ao CAMPO
* NON poderán saír rapacxs con síntomas do COVID-19




PEQUECHXS...
GOZADE DO VOSO MERECIDO PREMIO!
(sendo responsables)





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.