BENVIDO
3º TRIMESTRE
Despois dunhas
merecidas vacacións, ESTAMOS
DE VOLTA!
Comezamos
o TERCEIRO TRIMESTRE
dende os nosos fogares.
Seguimos nesta situación de confinamento, coa incerteza de cando rematará...
máis, cada día que pasa achéganos un pouquiño máis á meta, a ese final tan
agardado e desexado por todxs.
De novo FAMILIA e ESCOLA uniremos forzas para continuar co
proceso de ensino aprendizaxe, a distancia.
Comunicarvos que xs mestrxs,
seguimos agardando instrucións por
parte da Consellería de Galicia, que á súa vez depende das decisións que se
acorden a nivel estatal, para saber como debemos enfocar esta derradeira parte
do curso.
Deste xeito, permanecede máis
atentxs que nunca á páxina web do centro, que é onde se seguirán subindo as tarefas
e instruccións para o alumnado.
Non
obstante, quero transmitirvos MOITO
ÁNIMO para este último
paso, AFOUTEZA
e POSITIVISMO
para esta conta atrás.
Xa
levamos máis dun mes confinados, e é normal que pase factura, por iso é preciso
que mostremos máis forza ca nunca, sacar forzas de fraquezas: apoiarnos entre
os membros da familia, buscar a parte positiva desta situación e non deixar que
nos dominen os nervios.
Para
iso contades cos nós, XS
MESTRXS! Que seguiremos ao
voso lado para seguir percorrendo da man este novo camiño.
XUNTOS IMOS
PARAR AO VIRUS,
PERO, O
VIRUS, NON NOS
PARA A NÓS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.