mércores, 1 de abril de 2020

APROVEITEMOS O TEMPO!


QUERIDXS ALUMNXS e FAMILIAS:

Cantos días levamos separadxs por mor deste inimigo invisible que azoutou forte e sacudiu a todo o planeta...

Ficamos na casa para loitar contra este inimigo virulento que tanta dor e sufrimento está causando, máis xuntos acabaremos con el!

É tempo de responsabilidade, de solidariedade, de empatía. Son momentos de positivismo, de forza e de ánimo. A actitude que tomemos fronte esta situación de alarma é determinante para aguantar.

Nada do aprendido ou vivido ata o momento sirve. Toca reinventarse, partir de cero. Aproveitar para afondar no máis profundo do noso ser e comezar unha viaxe de autocoñecemento.

Dunha situación tan “excepcional” coma esta, debemos saír reforzadxs. No confinamento aparecen novas prioridades que pouco ou nada tiñan que ver coa nosa “vida normal”.

Dispoñemos do ben máis prezado que non se pode comprar ni con todo o ouro do mundo... TEMPO.  

APROVEITÉMOLO!
O día é hoxe e o momento é agora!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.