VACACIÓNS!
Neste intre de seguro que tedes sentimentos
encontrados. As VACACIÓNS sempre son un momento
agardado por todxs con moita ansia e ledicia, máis a situación de confinamento dálle
un aire agridoce.
Non quero que entristezades, nin moito menos!
Estades de VACACIÓNS e debedes estar ledxs,
porque, a pesar de ter que ficar na casa,
ides a gozar dun merecidísimo descanso.
Levades semanas aguantando como HEROÍNAS e
HEROES, confinados entre as paredes dos vosos fogares para loitar contra o coronavirus.
Tivestes que asumir da noite para a mañá un
cambio drástico no voso día a día. Pecháronse os coles, non podiades xogar nos
parques, separáronvos das vosas amizades, apartáronvos das vosas familias...
que duro! Mais... necesario!
Se para, nós, xs adultxs, é difícil... non son
quen de imaxinar o difícil que resulta para vós. E aínda así, estades a darnos
unha gran lección, pois amosades unha responsabilidade admirable.
Durante o estado de alarma, tivemos que trasladar
a escola aos fogares dun xeito virtual, e seguistes traballando a reo día a
día, e agora tedes a vosa recompensa... VACACIÓNS!
Na
casa... si, pero VACACIÓNS!
Tempo libre.
Tempo para ler.
Tempo para debuxar.
Tempo para XOGAR.
Tempo para cantar.
Tempo para bailar.
Tempo para facer actividade física.
Tempo para IMAXINAR.
Tempo para durmir máis.
Tempo para SOÑAR.
Tempo para crear.
Tempo para INVENTAR.
Tempo para aprender cousas “novas”.
Tempo para retomar cousas
vellas”.
Tempo para PERDER O TEMPO.
FELICES VACACIÓNS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.