23 + ABRIL
+ 2020
DÍA DO LIBRO
v “Hai grandes
LIBROS no mundo, e grandes mundos nos libros”. Anónimo
v“Un
LIBRO é un agasallo que podes abrir unha
e outra vez”. Garrison Keillor
v “O
que ama a LECTURA, ten todo ao seu alcance”. William
Godwin
v “Hai
máis tesouros nos libros que en todo o botín da Illa do Tesouro”. Walt Disney
v “Un
LIBRO é a arma máis afectiva contra a intolerancia e a ignorancia”. Lyndon Baines Johnson
v “ Non hai substituto
para os LIBROS na vida dun neno”. May
Ellen Chase
v
v “Un LECTOR
vive mil vidas antes de morrer. O que nunca le só vive unha”. George R. R. Martin
v “Pensa
antes de falar. LE antes de pensar”. Fran
Lebowitz
v “Os
LIBROS son as abellas que levan o pole dunha intelixencia a outra”. Voltaire
Podería
seguir escribindo durante todo o día, e aínda así non remataría de plasmar
sobre esta publicación todas as frases que as persoas, máis ou menos coñecidas,
lle dedican aos LIBROS
e a lectura.
Creo que queda de manifesto a importancia que a
LECTURA ten na vida, non só dxs máis pequenxs, senón de todas
as persoas.
HOXE conmemoramos o DÍA DO LIBRO, non obstante, TODOS OS DÍAS do ano deberíamos convivir “man
a man” cos libros para enriquecernos e nutrirnos dos saberes que se esconden
entre as súas páxinas.
Estamos atravesando un momento duro
para todxs. Xa levamos moitos días de CONFINAMENTO, e a LECTURA pode ser unha vía de
escape da rutina. Os LIBROS son o refuxio para “matar” o TEMPO (que
agora temos). Aproveitémolo!
v “Os LIBROS son
o avión, o tren, o camiño. Son o destino e a viaxe, Son o fogar”. Anna
Quindlen
Se non sabes que facer, LE!
Se estás aburridx, LE!
Se estás triste, LE!
Se estás ledo, LE!
Se tes fame, de
coñecemento, LE!
Se queres aprender, LE!
Se queres viaxar sen
moverte da casa, LE!
Se precisas coñecer novos
mundos, LE!
Se queres ser libre, LE!
Se queres vivir, LE!
Pase o que pase, LE!
Esteas como esteas, LE!
Fagas o que fagas, LE!
Simplemente... LE!
“Non era FADA nen PRINCESA”, nin pretendía selo. Empapábase
de cada PALABRA na súa lingua, percorrendo o ABECEDARIO completo, buscando a
sabedoría precisa para loitar contra as inxustizas e ter liberdade de
pensamento para non deixarse levar...
Xa atopara os INGREDIENTES perfectos
para cociñar a mellor RECEITA contra a ignorancia... OS LIBROS!
Dáballe igual de cal se tratase. Canto
máis diferentes mellor. Mergullarse nun LIBRO supoñía meterse na pel dun
personaxe diferente cada vez.
AGOCHÁBASE entre as súas páxinas para
que ninguén a atopase, e todxs se preguntaban... ONDE ESTÁ?
Vivía AMORES imposibles, que na vida
real xamais se producirían e REGAÑABA OS
DENTES mentres descubría cada historia.
Cada vez que abría a páxina dun novo
libro, poñía en marcha o MOTOR para rodar sobre cada verba escrita e
deixarse levar... VOAR de páxina en páxina e NAVEGAR
surcando os sete mares.
Era cousa de MAXIA! Abría un libro e... chas!
“teletransportábase” a un novo lugar nunca antes visitado.
Levaba sempre ben abertos os OLLOS,
para non perder detalle de nada... e MORDÍA cada frase para extraerlle todos os “nutrintes”
que contiña.
En definitiva, ela... ERA LETORA!
* Con todo o meu agarimo para o ALUMNADO do CPI Pontecesures.
Berena
Fontela Turnes
(23.04.2020)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.