venres, 3 de abril de 2020

AVALIACIÓN 2º Trimestre


AVALIACIÓN

Por “imperativo legal”, toca avaliar... Máis, neste momento, penso que as NOTAS pasan a un segundo plano debido á situación excepcional que estamos vivindo.

Aínda así, sinto o desexo de avaliar ao meu alumnado dun xeito un tanto atípico (sendo extensible a todo o alumnado).


NOTAS DO 2º TRIMESTRE:

* SOBRESAINTE en esforzo, por realizar as tarefas periodicamente nos vosos fogares. O cole pechou, pero xuntos conseguimos estar virtualmente conectados, para poder seguir aprendendo e traballando.


* SOBRESAINTE en responsabilidade, por demostrar que sodes un exemplo de fortaleza para os adultos, aguantando este confinamento.


* SOBRESAINTE en creatividade e imaxinación, por encher o voso tempo libre con ideas, traballos manuais, xogos...  


* SOBRESAINTE en ánimo, por ateigar os vosos fogares coa vosa enerxía positiva, coa vosa ledicia, co voso agarimo e por riba de todo... coas vosas risas contaxiosas.


Porque sodes SOBRESAINTES!


Quero trasladarvos o meu ánimo, para seguires aguantando este confinamento, que está sendo máis longo do desexado por todos. Máis cando todo isto pase, que pasará... e poidamos volver ao cole, estareivos agardando cos brazos abertos para darnos unha aperta ben forte, como esas que estaba acostumada a recibir e que tanto boto en falta.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.