Espero que estedes gozando o máximo destas vacacións de Nadal.
Seguro que volo estades pasando xenial xogando cos agasallos de Papá Noel!
Aproveitade que aínda queda moito por diante:
FIN DE ANO...
OS REIS MAGOS...
* Recordades a postal de Nadal que realizamos: unha boliña que pintamos con pincel de pratedo e purpurina, démoslle volume enchendoa con papel hixiénico, o laciño fixémosllo cun limpia-pipas dourodao, decoramos o fondo con gomets de estreliñas e esribimos BO NADAL con rotulador prateado.
Espero que lles gustase moito ás vosas familas e que a teñades decorando algún recuncho da vosa casa.
Abrimos a festa de Nadal coa panxoliña do boneco de neve e puxémoslle o broche final coa da árbore feliz... Aquí vos deixo aos pequechiños facendo alarde da súa incrible pronunciación en inglés!
No último día de cole antes das vacacións de Nadal celebramos unha pequena festa na que participamos os alumnos de infantil e primaria do CPI de Pontecesures.
Os nenos deleitáronnos cantando diversas PANXOLIÑAS e como broche final da festa os REIS MAGOS apareceron no ximnasio para recoller as cartas dos pequenos e agasallalos cunha bolsa de chuches...
Para despedir o trimestre e recibir as vacacións de Nadal da mellor maneira posible, hoxe fixemos unha COMILONA todos os alumnos de Educación Infantil do CPI de Pontecesures.
Primeiro tocou encher as barrigolas de snacks variados para logo queimar as calorías xogando con globos, saltando e bailando.
Hoxe tivemos a sorte de visitar o fermoso BELÉN DE VALGA. Cada ano logra sorprendernos reflexando as últimas noticias da actualidade do ano. Ós pequechos encantoulles o Belén, quedándose cada un ca súa parte favorita: o anxo, os reis magos, o castelo, o tren, a noria, o barquiño, os ciclistas...
Merece a pena acercarse a CAMPAÑA - VALGA para desfrutar desta obra de arte.
Hoxe levamos outra manualidade de Nadal para decorar as nosas casas.
*Picamos despaciño 2 árbores, démoslle textura con cera branda verde, decorámolos con gomets de círculos de cores coma se fosen as boliñas e na punta puxémoslle unha estrela dourada.
Pegamos un contra o outro pola punta para logo poder abrilo e que se sosteña en pé.
Estamos medrando nun entorno plurilingüe... GALEGO CASTELÁN INGLÉS... Por iso neste tempo de Nadal aprendemos panxoliñas nas 3 linguas. Aquí vos deixo a que interpretaremos este venres facendo alarde do nosa boa pronunciación en lingua extranxeira...
Para que practiquedes a vosa pronunciación aquí tedes a LETRA: