O pasado mércores 12 de xuño, o alumnado de 6º de primaria do CPI de PONTECESURES puido gozar dunha clase de iniciación ao SURF na praia da LANZADA a cargo da escola PRADO SURF.
O pasado 31 de maio, o alumnado de 5º de primaria do CPI de Pontecesures, gozamos dunha xornada de iniciación á VELA, no CLUB GALEGO DE VELA de Vilagarcía de Arousa.