Como é costume, o derradeiro venres de cada mes festexamos os ANIVERSARIOS, neste caso d@s nen@s que sumaron un ano máis á súa conta persoal no mes de OUTUBRO.
PARABÉNS!
Como é costume, o derradeiro venres de cada mes festexamos os ANIVERSARIOS, neste caso d@s nen@s que sumaron un ano máis á súa conta persoal no mes de OUTUBRO.
PARABÉNS!
O SAMAÍN é una data esperada polos cativ@s, e non tan cativ@s, e cando algo é capaz de xerar tanta expectación, hai que aproveitalo e espremelo ao máximo para sacarlle todo o rendemento posible a nivel educativo.
O primeiro foi
coñecer a orixe desta celebración ancestral para despois poñernos mans á obra.
Na nosa aula
levamos a cabo varias propostas que xiraban en torno a esta celebración.
Cal é a primeira
imaxe que vos ven á cabeza ao pensar no Samaín? Pois, as CABAZAS!
E que mellor que
traer á aula unha cabaza de verdade para poder aprender máis sobre ela.
As familias
involucráronse na decoración e creación de cabazas para a EXPOSICIÓN DE SAMAÍN na que participaron alumn@s de todo o
centro e que se situou no hall do edificio da biblioteca.
Estas son as cabazas da nosa aula:
A luz negra, a música de fondo e a decoración axudaban a darlle un aspecto terrorífico a unha exposición incrible.
A aprendizaxe a
través da exploración
sensorial, onde deixamos vía libre á creatividade e á imaxinación é inmensamente enriquecedora para o alumnado.
A través de materiais e obxectos intimamente relacionados coa temática do Samaín xurde a aprendizaxe de xeito espontáneo e natural, onde o traballo en pequeno grupo se converte en protagonista.
A proposta raíña foron as bandexas de experimentación:
A nosa lectura favorita para esta data foi "CORRE, CORRE CABACIÑA":
Coa colaboración
d@s teachers de inglés, realizamos o “TRICK or TREAT”
(truco ou trato), ligado coa celebración de HALLOWEEN que ten a súa orixe no noso
Samaín.
Ao longo da semana, cada aula petou nas portas do resto de clases do corredor de infantil, conseguindo unhas recompensas super chulas.
Tamén poidemos degustar MERENDAS TERRORÍFICAS, que estaban deliciosas: