O pasado 30 de Abril, o alumnado de 5º e 6º de E.P. do CPI de Pontecesures, realizamos unha saída ao:
PARQUE ARQUEOLÓXICO
DA ARTE RUPESTRE
DE CAMPO LAMEIRO.
O Parque
Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), é un parque
dedicado a arte
rupestre ao ar libre, situado no concello de Campo Lameiro.
Abrangue 22 hectáreas con numerosos petróglifos de gran valor arqueolóxico e histórico, sendo varios
deles Ben de Interese Cultural.
Ademais de poder gozar do entorno natural do parque,
puidemos retrocecer milleiros de anos atrás, ata a Prehistoria, concretemente,
ata o Neolótico, para mergullarnos no coñecemento da vida dun pobo que morou
estas terras alá pola Idade de Bronce. No PAAR reconstruíron un poboado que nos permitiu achegarnos
a súa vida e costumes.
Tamén puidemos observar de preto os petróglifos atopados
na zona, e, grazas á información da nosa guía, intentar interpretar e entender
o seu significado.
Realizamos un taller moi entretido, sobre a arte
rupestre. Coas nosas propias mans, creamos pigmentos para poder pintar,
empregando un morteiro manual, e posteriormente, empregamos a “pintura” para
deixar fluír a nosa creatividade e deixar a nosa pegada como artistas
prehistóricos.
Foi moi curioso coñecer como na arte rupestre xa había
grafiteiros, pois na prehistoria xa se empregaba a técnica do soprado da
pintura, que puidemos aprender e poñer en práctica.
Unha gran saída!
Aquí podedes ver unha MONTAXE coa recopìlación de fotos da saída: