sábado, 11 de maio de 2019

CAMPO LAMEIRO

O pasado 30 de Abril, o alumnado de 5º e 6º de E.P. do CPI de Pontecesures, realizamos unha saída ao:



PARQUE ARQUEOLÓXICO 
DA ARTE RUPESTRE 
DE CAMPO LAMEIRO

PÁXINA WEB - Campo Lameiro







Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), é un parque dedicado a arte rupestre ao ar libre, situado no concello de Campo Lameiro.

Abrangue 22 hectáreas con numerosos petróglifos de gran valor arqueolóxico e histórico, sendo varios deles Ben de Interese Cultural.




Ademais de poder gozar do entorno natural do parque, puidemos retrocecer milleiros de anos atrás, ata a Prehistoria, concretemente, ata o Neolótico, para mergullarnos no coñecemento da vida dun pobo que morou estas terras alá pola Idade de Bronce. No PAAR reconstruíron un poboado que nos permitiu achegarnos a súa vida e costumes. 



Tamén puidemos observar de preto os petróglifos atopados na zona, e, grazas á información da nosa guía, intentar interpretar e entender o seu significado.


Realizamos un taller moi entretido, sobre a arte rupestre. Coas nosas propias mans, creamos pigmentos para poder pintar, empregando un morteiro manual, e posteriormente, empregamos a “pintura” para deixar fluír a nosa creatividade e deixar a nosa pegada como artistas prehistóricos.


Foi moi curioso coñecer como na arte rupestre xa había grafiteiros, pois na prehistoria xa se empregaba a técnica do soprado da pintura, que puidemos aprender e poñer en práctica.

Unha gran saída!




Aquí podedes ver unha MONTAXE coa recopìlación de fotos da saída:




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.