Chegou o momento
de despedirse das vacacións de verán, para afrontar a chegada dun novo curso.
Volver ás
rutinas diarias: deitarse cedo, madrugar... pero sobretodo recuperar a dinámica
do cole, sempre dende unha perspectiva positiva.
Soa triste e
incluso negativo deixar todo o bo que teñen as vacacións, máis debemos afrontar
con ledicia e ilusión un novo curso que se abre diante de nós, con todo o que
iso supón...
Recuperar as
amizades que durante o verán non puidemos ver, contarlle aos compañeiros todas
as experiencias vividas durante este tempo, reencontrarse cos mestres e
mestras, percorrer os corredores do centro, voltar as aulas, ollar os novos
libros con ese arrecendo peculiar que albergan as súas follas, estrear o
material escolar, xogar no patio e gozar deses recreos que tanto prestan...
Para algúns, a
de hoxe será unha noite de nervios ante a posibilidade de que haxa un cambio de
compañeiros. Pero, non hai nada mellor que coñecer a nenos novos cos que nunca
tiveches oportunidade de establecer unha relación, e que seguramente poderán
ser grandes amigos que se unirán aos de cursos pasados... cantos máis mellor!
A incerteza de
saber que mestres nos darán clase, tamén xera curiosidade...
A noite antes do
comezo do curso, a unha horas de que chegue o primeiro día do CURSO 2019.20, nas mans de todos está conseguir que sexa un curso inolvidable: ALUMNXS,
MESTRXS e FAMILAS!
Carguémonos de
positivismo e de ilusión!
Aprenderemos
xuntos, divertirémonos, festexaremos, xogaremos, experimentaremos, medraremos, caerémonos...
pero xuntos voltaremos a levantarnos, porque a aprendizaxe é un camiño que
percorremos da man, avanzando xuntos, para que os logros sexan celebrados por
todxs.
Para min é un
pracer, un curso máis, ser mestra do CPI DE PONTECESURES, onde comecei a miña
andaina alá polo ano 2010... e cada setembro comezo cargada de enerxía e
ilusión ante a nova oportunidade que se abre aos meus pés, na que traballo
cóbado a cóbado con alumnxs, mestrxs e familias, no preoceso de
ensino-aprendizaxe, que é mutuo, pois ensinando tamén se aprende e biceversa.
Os meus mellores
desexos para TODXS XS ALUMNXS en xeral, e para os do meu cole en particular!
Agárdovos mañá,
cun gran sorriso, cos brazos abertos e con todas as miñas ganas e o meu
corazón!
BO INICIO DE
CURSO 2019.20!