Hoxe é un día de especial relevancia no calendario...
25 N
DÍA INTERNACIONAL CONTRA
A VIOLENCIA DE XÉNERO
A loita a prol da IGUALDADE a través do respecto,
impregna o quefacer cotián do noso centro, pero hoxe cobra especial
transcendencia, xa que o 25 N está reservado para loitar unanimemente a nivel mundial contra
unha lacra da nosa sociedade como é a VIOLENCIA
DE XÉNERO.
Precisamente por tratarse dun problema que atinxe á sociedade no
seu conxunto, dende a escola debemos traballar para eliminar calquera tipo de
comportamento inadecuado, posto que como institución encargada da formación do
alumnado, recae nas nosas mans esta importante labor (xunto coa familia).
RESPECTO e IGUALDADE deben ir da man, para loitar e erradicar a
violencia de xénero, e que nun futuro, ogallá que próximo, non sexa preciso
conmemorar esta data. Mais, polo
momento, levaremos a cabo co noso alumnado, as iniciativas que sexan precisas.
Este curso, todas as etapas educativas, traballaron buscando
frases, lemas, slogans... para alzar a voz no día de hoxe e condenar a
violencia de xénero.
Con todas elas, realizamos un mural. O profesorado realizou unha minuciosa selección, e elixiu 3
lemas que plasmamos en pulseiras de
cor morada, que se repartiron entre o alumnado no día de hoxe.