luns, 25 de novembro de 2019

25 N


Hoxe é un día de especial relevancia no calendario... 
25 N
DÍA INTERNACIONAL CONTRA
A VIOLENCIA DE XÉNERO


A loita a prol da IGUALDADE a través do respecto, impregna o quefacer cotián do noso centro, pero hoxe cobra especial transcendencia, xa que o 25 N está reservado para loitar unanimemente a nivel mundial contra unha lacra da nosa sociedade como é a VIOLENCIA DE XÉNERO.

Precisamente por tratarse dun problema que atinxe á sociedade no seu conxunto, dende a escola debemos traballar para eliminar calquera tipo de comportamento inadecuado, posto que como institución encargada da formación do alumnado, recae nas nosas mans esta importante labor (xunto coa familia).

RESPECTO e IGUALDADE deben ir da man, para loitar e erradicar a violencia de xénero, e que nun futuro, ogallá que próximo, non sexa preciso conmemorar esta data.  Mais, polo momento, levaremos a cabo co noso alumnado, as iniciativas que sexan precisas.

Este curso, todas as etapas educativas, traballaron buscando frases, lemas, slogans... para alzar a voz no día de hoxe e condenar a violencia de xénero.


Con todas elas, realizamos un mural. O profesorado realizou unha minuciosa selección, e elixiu 3 lemas que plasmamos en pulseiras de cor morada, que se repartiron entre o alumnado no día de hoxe.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.