Finalmente chegou o “NON
DESEXADO” día no que teño que despedirme de Pontecesures...
En setembro do ano 2010 cruzaba a cancela do centro para
entrar no que eu non sabía que sería o meu cole ideal, ese do que non queres
marchar, no que pensas quedar ata xubilarte, mais, as cousas non sempre saen
como un quere, e aparecen “axentes externos” que cambian os teus plans.
No 2015 chegou a
triste noticia da SUPRESIÓN...
realmente unha das máis tristes da miña vida laboral. Tocaba “emigrar”, máis
tan só sería durante un curso (CEIP
das Fontiñas).
Volvín cargada de ganas e enerxía e cunha nova aventura por
diante!
Cada curso era un agasallo, porén, cada mes de marzo a
espada de Damocles pendía sobre o centro, ao observar que a matricula
descendía. Consecuencia da falta de alumnado cada vez no cole facíamos falta
menos mestrxs...
E de novo chegou o
momento de deixar atrás o meu ben querido cole, e partir cara un novo destino (CEIP López Ferreiro).
Debería estar contenta por pasar un curso á beira da casa,
mais, para min é inevitable albergar tristura por todo o que deixo atrás...
Péchase un capítulo no que non só deixo un cole, deixo o meu
fogar profesional, non deixo só a compañeirxs, tamén deixo a amigxs, non só
deixo a alumnxs, deixo a nenxs que vin medrar durante 10 anos, os meus nenxs!
O CPI de Pontecesures tamén me viu medrar a min
literalmente. Medrei persoal e profesionalmente. Medrei aprendendo de cada
curso, de cada grupo de alumnxs, de cada familia e de cada compañeirx.
Durante todos estes cursos percorrín moitos sendeiros
docentes: primaria (a especialidade
que estudei) infantil (a
especialidade da miña oposición e que me roubou o corazón) e educación física (especialidade que me
encanta e que é unha prolongación de min).
Este percorrido contribuíu positivamente á miña formación e
experiencia como mestra, e non o cambiaría por nada. Pero o camiño carece de
sentido sen xs compañeirxs de viaxe, que neste caso non puideron ser máis
perfectos.
En Pontecesures atopei unha conxugación máxica entre
alumnxs, familias e compañeirxs. Unha fórmula secreta que raras veces se
produce.
A receita perfecta!
* ALUMNXS que teñen
o poder de cravarse no corazón e que terán un oco nel polo resto da miña vida.
Nenxs que son especiais, que coñecín cando apenas levantaban un palmo do chan e
vin medrar día a día ata que me sacaron un palmo a min. Xeracións que forman
parte importante do meu ser. Xs verdadeirxs artífices da miña aprendizaxe
docente, xs responsables de que a miña vocación siga alumeando cada día. XS MEUS PEQUECHXS POR SEMPRE!
* FAMILIAS coas que tiven un “feeling” especial.
Que se involucraron, que sempre tiveron palabras bonitas cara o meu traballo, que
me fixeron sentir máis que unha mestra ao tratarme con tanta familiaridade.
Familias que sen moito máis... GRAZAS! Por cada minuto do voso tempo dedicado a
cada proposta, pola empatía, polas titorías oficiais e extraoficiais, polas
charlas na cancela, polos pequenos e grandes detalles... por todo, INFINITAS GRAZAS!
* COMPAÑEIRXS
que, a pesar das características persoais de cada quen, remaron na mesma
dirección. Que día a día pasan de ser persoas coas que traballas a amigxs cos que
tes o pracer de traballar. Con quen compartes aprendizaxes, momentos
educativos, actividades escolares, saídas, conmemoracións, recreos, cafés, anécdotas,
risas, bágoas... A todxs e cada un dxs que pasaron polo cole durante todo este
tempo, MILLEIROS DE GRAZAS!
Estou e estarei eternamente agradecida.
A emoción que me invade nestes momentos fai que apenas me
saian as palabras, porque é moi difícil expresar o que agora mesmo sinto...
Simplemente rematar dicindo que ogallá os nosos camiños
volvan a cruzarse e que este adeus se converta nun DEICA PRONTO!
* P.D.: A pesar da distancia, sigo estando aquí para todo o
que precisedes.