venres, 20 de novembro de 2020

20N: DÍA DOS DEREITOS DXS NENXS

 Xs cativxs son un dos colectivos máis fráxiles da nosa sociedade, por iso require especial atención e coidados.

Evidentemente esta protección debe ser todos e cada un dos días do ano, máis hoxe, 20 de NOVEMBRO, conmemoramos o

DÍA DOS DEREITOS DXS NENXS.

Por desgraza, en pleno s.XXI, moitxs pequenxs ben vulnerados os seus dereitos diariamente e viven realidades moi duras e situacións inxustas.

Dende a nosa aula, reflexionamos sobre este tema, para sensiblizar xs peques da importancia de loitar, non só polos seus dereitos, senón tamén, polos de todxs xs nenxs do mundo.




Para conmemorar o 20N, realizamos unha receita moi especial, posto que os ingredientes saíanse do habitual, pois non eran outros que os dereitos dxs nenxs.




* Engadimos con delicadeza os ingredientes á pota.

* Remexemos amodiño.

* Botamos 3 culleres de respecto e un chorriño de empatía (que sempre son necesarios).

 

RECEITA: DEREITOS DXS NENXS



domingo, 15 de novembro de 2020

OUTONO + MAGOSTO

 Esta semana foi especial, pois dende o comezo tivemos a vista posta na celebración do MAGOSTO, e a nosa aprendizaxe xirou en torno a esta celebración xunto co outono.

Nesta época do ano, en plena estación de OUTONO, a natureza emana beleza en todo o seu esplendor tinguindo de amarelos, laranxas, vermellos e marróns a paisaxe, e agasallándonos con todo tipo de froitos e froitas.

Quixemos trasladar un anaquiño do outono á nosa aula para aprender e xogar con el.





* Secamos FOLLAS para plastificalas e así poder traballar/xogar con elas.

 



* Con diversos elementos do outono creamos OBRAS DE ARTE: unhas veces copiando un modelo, outras deixando voar a nosa imaxinación.






* Afinamos a puntería LANZANDO CASTAÑAS:


* Fixemos PINCHOS DE FOLLAS:


* Xogamos a pasarnos a castaña de CULLER A CULLER intentando que non nos caera:


* Traballamos a LECTOESCRITURA compoñendo vocabulario de outono con letras móbiles.


* Intentamos GATEAR sen que as castañas esvarasen das nosas costas:


* Traballamos cos BEE BOTS, programando as abelliñas para que se desprazasen adiante e atrás cara os diversos elementos do outono:


* Fixemos unha ALFOMBRA DE FOLLAS de outono pintando e estampando follas:


* Traballamos con diversos textos da TRADICIÓN ORAL sobre o outono e o magosto, e escoitamos cancións que nos fixeron mover o esqueleto. 





RAP DO MAGOSTO:


MAGOSTO:


* Celebramos o MAGOSTO comendo castañas asadas.


MMM... QUE RICAS QUE ESTÁN!



sábado, 7 de novembro de 2020

TRADICIÓN ORAL

Estes días festexamos no cole a

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

Por definición a TRADICIÓN ORAL é a forma de transmitir a cultura, a experiencia e as tradicións dunha sociedade a través de relatos, cantos, lendas, fábulas, contos, conxuros...

A TRADICIÓN ORAL é a nai de todos os textos. A literatura actual descende dos textos que correron de boca en boca entre os nosos antepasados. Na antigüidade, cando a gran maioría das persoas non sabían ler nin escribir, os feitos, acontecementos, historias... facíanse públicas e transmitíanse a través da oralidade.  Por este motivo, a transmisión oral podía distorsionar a realidade, xa que ao pasarse de boca en boca, a información podía sufrir variacións.

A TRADICIÓN ORAL transmítese de xeración en xeración ata os nosos días. A función primordial da tradición oral é conservar os coñecementos ancestrais a través dos tempos.

A TRADICIÓN ORAL foi a gran fonte de información para coñecer a historia e as costumes dos pobos. Na actualidade estamos a perder a tradición oral debido, en gran medida, ao influxo dos medios de comunicación, que tenden a diminuír a comunicación e a transmisión da cultura, e ás tecnoloxías, que son máis valoradas que as tradicións.

 

CASTELAO definiu perfectamente a importancia da tradición oral nas súas verbas: 



 

Na nosa aula, a tradición oral ocupa un lugar importante no quefacer cotiá e non só durante esta semana.

Traballamos con diferentes textos da tradición oral precisamente para apostar por coidar e perpetuar a nosa cultura.

Apostamos pola nosa lingua e polas nosas tradicións.

 Como nos atopamos no OUTONO, traballamos con cancións e refráns sobre esta época do ano.

Decidimos gravar un deles, e este é o resultado: