Estes días festexamos no cole a
SEMANA DA TRADICIÓN ORAL
Por definición a TRADICIÓN
ORAL é a forma de transmitir a cultura, a experiencia
e as tradicións dunha sociedade a través de relatos, cantos, lendas, fábulas,
contos, conxuros...
A TRADICIÓN ORAL é a nai de todos os textos. A literatura actual descende dos textos que
correron de boca en boca entre os nosos antepasados. Na antigüidade, cando a
gran maioría das persoas non sabían ler nin escribir, os feitos,
acontecementos, historias... facíanse públicas e transmitíanse a través da oralidade.
Por este motivo, a transmisión oral
podía distorsionar a realidade, xa que ao pasarse de boca en boca, a
información podía sufrir variacións.
A TRADICIÓN ORAL transmítese de xeración en xeración ata os
nosos días. A función primordial da tradición oral é conservar os coñecementos
ancestrais a través dos tempos.
A TRADICIÓN
ORAL foi a gran fonte de información para
coñecer a historia e as costumes dos pobos. Na actualidade estamos a perder a
tradición oral debido, en gran medida, ao influxo dos medios de comunicación, que
tenden a diminuír a comunicación e a transmisión da cultura, e ás tecnoloxías,
que son máis valoradas que as tradicións.
CASTELAO definiu perfectamente a importancia da tradición oral nas súas verbas:
Na nosa aula, a tradición oral ocupa un lugar importante no
quefacer cotiá e non só durante esta semana.
Traballamos con diferentes textos da tradición oral precisamente
para apostar por coidar e perpetuar a nosa cultura.
Apostamos pola nosa lingua e polas nosas tradicións.
Como nos atopamos no OUTONO, traballamos con cancións
e refráns sobre esta época do ano.
Decidimos gravar un deles, e este é o resultado:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.