sábado, 31 de outubro de 2020

SAMAÍN

 

Hoxe, 31 de OUTUBRO, celebramos o

SAMAÍN


Para moitxs é o Halloween adaptado á nosa terra, pero, nada máis lonxe da realidade, de feito, é xusto o contrario.


 Mais, sabedes realmente a orixe desta celebración?











No cole traballamos esta peculiar festa, onde as CABAZAS son as principais protagonistas.

 

* PINTAMOS unha cabaza xigante cun pucho de meiga (xa que nós somos a Aula Meiga).




* Contamos CONTOS e escoitamos CANCIÓNS sobre o Samaín:

                       CORRE CORRE CABACIÑA (canción)

https://www.youtube.com/watch?v=3Im2AZDcKvc

*                       CORRE CORRE CABACIÑA (conto)

https://www.youtube.com/watch?v=HrXlgpmhjnk

*                       SAMAÍN (canción) – JESÚS PAREJA

https://www.youtube.com/watch?v=UWClF9yZRtU

*                       NO SAMAÍN (Brinca Vai!)

https://www.youtube.com/watch?v=2x3puRGW7f8

*                       SAMAÍN (Mamá Cabra)

https://www.youtube.com/watch?v=Z2QAk4sGzuM

*                       SAMAÍN (Uxía Lambona e a Banda Molona)

 https://www.youtube.com/watch?v=hy-F-bWc7F4


* DISFRAZÁMONOS de personaxes “aterradoramente adorables”.






* Fixemos o CONXURO DE ESPANTAR OS MEDOS:

            - Primeiro realizamos un FALADOIRO sobre os medos de cada un.


            - Despois DEBUXAMOS os nosos medos.


            - Metemos os medos no CALDEIRO DO SAMAÍN.





            - Recitamos o CONXURO para espantar aos nosos medos.

"CABAZA, CABACIÑA.

CABACIÑA, CABAZÓN.

LEVA O MEDO, O MEDO LEVA.

QUE O MEDO NON QUEDE NON!

CABAZA, CABACIÑA.

CABACIÑA, CABAZÓN".



* Gravamos a nosa versión da canción MEDOMEDÁ



* Como este ano a COVID-19 limita moito o quefacer cotiá do cole, tivemos que tirar de creatividade e decidimos crear unha EXPOSICIÓN AÉREA no patio de columnas da entrada principal do centro (para que as familias puidesen desfrutar dela.

A temática da exposición eran VASOIRAS e PUCHOS DE MEIGA.

O alumnado de todo o centro deixou voar a súa imaxinación e coa axuda das súas familias crearon verdadeiras obras de arte.






EXPOSICIÓN AÉREA SAMAÍN 2020

CEIP López Ferreiro

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.