domingo, 23 de abril de 2023

PROPOSTAS LÓXICO-MATEMÁTICA

Estas  son algunhas das PROPOSTAS que forman parte do noso recuncho de LÓXICO MATEMÁTICA.

* Cada vez que engadimos algunha proposta, primeiro presentámola e explicamos o seu funcionamento, para que así a poidan realizar da maneira máis autónoma posible. 


Acceden a elas de xeito individual ou en parellas (na que se apoian e traballas xuntos, enriquecéndose así mutuamente e producíndose a titoría entre iguais).

As propostas respectan as capacidades de cada cativ@ e buscan afianzar e avanzar nas habilidades matemáticas a través de xogos vivenciais e manipulativos, pois un dos lemas máis importantes da nosa aula é “aprender xogando e xogar aprendendo”.

 

·        Asociación número - cantidade.




·        Traballo da serie numérica e práctica da grafía.



·        Iniciación á suma.




     No día a día tamén aproveitamos diversos momentos e materiais para traballar conceptos matemáticos.

      Coas PEZAS SOLTAS tamén realizamos actividades de cuantificación.



 

    Cos BONECOS DA CASIÑA ÁRBORE clasificamos por tamaños e contamos. 



   Cos CUBIÑOS DE XEO, que normalmente empregamos para construcións, realizamos unha actividade de estimación:



-         Cantos cubiños pode haber en total? (decenas).

-         Separamos e clasificamos por cores.

-         Estimamos e apostamos a unha cantidade co seu nome.

-         Procedemos a contar.


ANIVERSARIOS FEBREIRO

 Cando chega o derradeiro venres do mes festexamos os ANIVERSARIOS do mesmo.

 


PARABÉNS a GISELA e a SARA, que xa teñen 5 aniños!

ENTROIDO

                 ENTROIDO NO CEIP DA RAMALLOSA!



Aquí, no concello de Teo, o entroido é unha celebración especial e agardada por tod@s, e mais despois destes anos de pandemia.

Este ano, o tema do noso ENTROIDO RAMALLOSEIRO xirou en torno ao PATRIMONIO: a cultura, a lingua, a sociedade... galega.

 




Comezamos a SEMANA DE ENTROIDO cos MANDADOS DO MECO:

 







Na páxina web do centro podedes ver os VÍDEOS das diversas actuacións que fixeron tod@s @s alumn@s o día da nosa GALA DE ENTROIDO ANTONIO FRAGUAS.

* Aquí vos deixo o enlace directo a nosa actuación: 


E Elaboramos conxuntamente a nosa MASCARA DE PANDEIRETEIRA para a decoración do pavillón o día da festa de entroido. 



·  Na aula, habilitamos un pequeno RECHUNCHO con prendas e artículos de entroido para que empregasen libremente para caracterizarse.



·        Tamén realizamos un taller de ANTEFACES.






Aproveitamos que o noso cole forma parte dun concello no que se preserva o entroido máis tradicional, e onde a figura dos XENERAIS DA ULLA, teñen especial relevancia. E así o quixemos representar trasladando parte de ese entroido ata a nosa escola.

De cara á gran festa de entroido (17.2.2023) no ciclo de Educación Infantil decantámonos por algo moi representativo do noso folclore, o TRAXE TRADICIONAL.

Apostamos por conxugar vangarda e tradición, pero sempre dende o agarimo e o respecto.

Tanto foi así, que para documentarnos, pedímoslle á asociación cultural A MÁMOA (de Luou) que acudise ao noso centro para mostrarnos e falarnos das diferentes prendas que conforman o noso traxe tradicional e tamén cal é a orixe do traxe e a diferenza entre os traxes de gala e de cotío de mulleres e homes.