Estas son algunhas das PROPOSTAS que forman parte do noso recuncho de LÓXICO MATEMÁTICA.
* Cada vez que engadimos
algunha proposta, primeiro presentámola e explicamos o seu funcionamento, para
que así a poidan realizar da maneira máis autónoma posible.
Acceden a elas de xeito
individual ou en parellas (na que se apoian e traballas xuntos, enriquecéndose
así mutuamente e producíndose a titoría entre iguais).
As propostas respectan as
capacidades de cada cativ@ e buscan afianzar e avanzar nas habilidades
matemáticas a través de xogos vivenciais e manipulativos, pois un dos lemas
máis importantes da nosa aula é “aprender
xogando e xogar aprendendo”.
·
Asociación número - cantidade.
· Traballo da serie numérica e práctica da grafía.
· Iniciación á suma.
No día a día tamén aproveitamos diversos momentos e materiais para traballar
conceptos matemáticos.
Coas
PEZAS SOLTAS tamén realizamos actividades de cuantificación.
Cos BONECOS DA CASIÑA ÁRBORE clasificamos por tamaños e contamos.
Cos CUBIÑOS DE XEO, que normalmente empregamos para construcións, realizamos unha actividade de estimación:
-
Cantos cubiños pode haber en
total? (decenas).
-
Separamos e clasificamos por cores.
-
Estimamos e apostamos a unha cantidade co seu nome.
-
Procedemos a contar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.