Investigamos un chisco sobre súa vida e obra, e enganchounos tanto, que decidimos seguir mergullándonos na historia da nosa gran poeta.
* Traballamos co poema de “XAN”
para conmemorar o 8 de MARZO.
* Recitamos a carón do nos querido río Tella, o pasado 14 de MARZO, día dos ríos, un anaquiño
do seu mundialmente coñecido “ADIÓS
RÍOS”.
* Destacamos a relevancia de
Rosalía como poeta ilustre o día da poesía o 21 de MARZO.
* Desfrutamos diariamente cos poemas da nosa Rosalía, tanto
recitados como cantados.
Cantados
por UXÍA SENLLE, no seu libro/CD “ROSALÍA PEQUENIÑA”, no que a cantante lle
da voz varios poemas da obra de Rosalía de Castro, xunto con grandes voces da
nosa música.
O libro comeza cunha canción especial, unha canción da autoría de Uxía, dedicada directamente a Rosalía, unhas fermosas verbas que se quedaron gravadas na nosa mente, e por iso decidimos facer a nosa versión desa ROSALÍA PEQUENIÑA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.