domingo, 15 de outubro de 2023

PRIMEIROS DÍAS 23.24

Que A NOSA AULA sexa un espazo fermoso, acolledor, motivador... é un reto constante, pero que cada inicio de curso cobra un maior sentido, posto que sempre intento darlle algunha volta para conseguir impresionar ao alumnado e facer que se sintan moi a gusto nun lugar no que pasan gran parte do seu día a día, e onde tentamos aprender dun xeito lúdico e motivador.

Do mesmo xeito, hai que prestar especial coidado no deseño de propostas e actividades para, a través delas, conseguir acadar os obxectivos plantexados. 

Xogar cos intereses e motivacións d@s peques, atender as súas necesidades, favorecer o desenvolvemento das súas habilidades, buscar o efecto sorpresa... son aspectos fundamentais a ter en conta. 

A continuación, poderedes observar algunhas das propostas coas que se atoparon @s cativ@s os primeiros días de clase. 








VOLTA AO COLE!

 Este curso somos os MAIORES de Infantil.


FELIZ CURSO 23.24

FIN DE CURSO 2022.23

 Despois de tantos meses cargadiños de novas experiencias, vivencias inesquecibles, de grandes momentos de xogo, de duro traballo... tocaba DESPEDIR O CURSO por todo o alto.


FESTA DA AUGA



COLCHONETAS



MERENDOLA



FESTA DA ESCUMA



ADEUS CURS0 22.23

 

ABELLAS

 



Despois da nosa visita á APÍPOLIS, @s cativ@s espertaron o seu interese sobre as ABELLAS, de xeito que decidimos realizar un pequeno proxecto para coñecelas máis a fondo.

 







Preparamos un RECUNCHO INFORMATIVO.







E os nosos recunchos de xogo-traballo tamén se encheron de propostas sobre este pequeno insecto voador.

 






E realizamos multitude de propostas que tiñan ás ABELLAS como fío condutor.