xoves, 26 de marzo de 2015

LECTOESCRITURA: Letra M

Esta é unha letra que nos gusta moito, xa que é "a de MARTÍ" un compañeiro noso do ano pasado que este curso cambiou de cole, pero seguimos acordándonos moito del e querémolo moito. No mes de novembro fíxonos unha visita, esperamos que volva a facelo pronto!


Sempre traballamos algunha letra, e despois de asociala co nome dalgún dos alumnos, pensamos en que animais comezan por esa letra (o noso proxecto deste curso).


E despois seguimos pensando... e sempre se nos ocorren un montón de cousas. Aquí vos deixo algunhas das que saíron:



Despios de pensar e de escribir as palabras conxuntamente na PDI, chega o momento de intentar escribilas cada un na súa folla...

mércores, 25 de marzo de 2015

"ÁRBORES CHEAS DE POESÍAS"

Xa podedes gozar da "exposición natural" que conmemora e fusiona o día da árbore e da poesía.

Seguro que hoxe cando chegáchedes ao cole para deixar aos pequenos pola mañá, deuvos na vista que as árbores lucían diferente.

Dende onte pola tarde, as 4 moreiras do patio de infantil, e o arce que está no centro do patio de primaria, locen unhas fermosas FOLLAS novas, que están cargadas de versos escritos polos alumnos de E.I. e E.P. do cole.

As nosas follas gardan a nosa poesía favorita: "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES" de Rosalía de Castro. Cada un escribiu unha estrofa do poema nunha folla de figueira, a árbore que Rosalía menciona no poema: "Figueiriñas que prantei..."







Despois do recreo fomos de paseo polo cole para observar detidamente as árbores.



martes, 24 de marzo de 2015

PROBANDO COCO...

Hoxe, antes de merendar, empregamos os 5 SENTIDOS cunha froita pouco habitual... o COCO.


OBSERBÁMOLA: era redondeada de cor marrón por fora e branca por dentro.

TOCÁMOLA: tiña uns peliños ásperos por fora da cáscara que era moi dura. Por dentro, a parte branca que se come tamén era algo dura.

ESCOITÁMOLA: golpeamos a casca para oír como soaba.

ULÍMOLA: tiña un olor peculiar e algo doce.

PROBÁMOLA: sabía a... COCO! una sabor particular que non fomos quen de asociar con ningún sabor coñecido. A algúns non lles gustou moito, pero polo menos, probámolo todos e xa temos na nosa memoria gustativa un sabor novo.


luns, 23 de marzo de 2015

CHEGOU A PRIMAVERA!

Aínda que a Primavera empezou oficialmente o pasado 20 de Marzo, como estivemos de fin de semana, hoxe démoslle a benvida na clase, preparando o noso mural das estácións para esta estación. 


Dixémoslle adeus ao INVERNO, quitando as follas secas do chan, as folerpas de neve, os nubarróns...



Para dar paso ás flores, ás novas follas, ao sol con algunha nube...






BENVIDA PRIMAVERA!


MALETÍN DOS ANIMAIS

Comzamos unha semana máis e hoxe parecía que nos faltaba algo, xa que todos os luns tocaba abrir a matela e o maletín. Pero como a MALETA VIAXEIRA xa percorrera todas as casas, permaneceu na clase, e hoxe tan só tivmos que abrir o MALETÍN DOS ANIMAIS que pasara a semana na casa de LUCAS.

Despois de contarnos canto lle gustara o álbum dos animais, Lucas abreu o LIBRO para falarnos das súas mascotas.
AURORA unha tartaruga semiacuática de 18 anos que lle encantan as salchicas e dar paseos pola casa adiante.
E GUS un dogo que como é tan grandote non collía no seu piso e tiveron que levalo para a casa dos seus avós, aínda que todos os días van a visitalo. Alí ten espazo para correr e para xogar con outros canciños: Lúa, Julia e Zeus.

Moitas grazas Lucas por ensinarnos as túas mascotas!




Esta semana o MALETÍN DOS ANIMAIS marcha para a casa de ANXO.

domingo, 22 de marzo de 2015

A NOSA VERSIÓN DE "CROCODILO"

Durante este trimestre, traballamos moito e de diversas maneiras o conto de CROCODILO.

Aínda hai pouco levaron para casa os personaxes para poder contar o conto cada vez que lles apetecese.

Pois agora deíxovos aquí unha versión do conto moi especial, pois as voces dos narradores de seguro que se vos fan coñecidas...

CROCODILO...


sábado, 21 de marzo de 2015

ÁRBORE+POESÍA

No día de hoxe tiveron lugar 2 conmemoracións importantes: o DÍA DA ÁRBORE e o DÍA DA POESÍA.















Ao coincidir ditas conmemoracións en fin de semana, no noso centro imos a celebralas a semana que ven.

Todo o CPI DE PONTECESURES estivemos traballando para  unir á arbore coa poesía, e a partir do mércores 25 de marzo poderedes gozar dela...

* Unha pequena pista: trátase dunha exposición ao aire libre que fusiona a natureza coa lingua escrita... 

ÁRBORE+POESÍA

ANIMAIS: Caracola

HIWOT trouxo unha CARACOLA ao cole para ensinarlla a todos os seus compañeiros.

CARACOLA - BUGUINA 



Sorprendeulles polo gran tamaño que tiña, pois na clase xa tiñamos algunhas caracolas pequeniñas, e algunha cuncha, que ANXO trouxera ao comezo do curso como material para o recuncho do proxecto dos animais.



Falamos de que recibe o seu nome porque se parece á cuncha do caracol terrestre. So que as caracolas atopámolas no fondo do mar.

Aproveitamos para poñela na orella e intentar escoitar o mar...

Shhhh! caladiños para poder escoitar!






ANIAMIS: Os nosos peixes

De mascotas segue o conto...

Durante un par de semanas do primeiro trimestre, LUCÍA trouxo á clase os seus PEIXES DE CORES para aprender un pouco máis destas mascotas.


Aproveitamos para recordar o que aprendermos o curso pasado sobre os peixes no proxecto da auga:
- Os peixes son animais acuáticos.
- Hai peixes de auga doce e salgada.
- Teñen aletas e cola coas que nadan.
- Respiran por branquias.

Ao ter que coidar aos peixes de Lucía, aprendemos que hay peixes de auga quente e de auga fría. Estes eran de auga fría. Todos os días limpábamos a peceira, cambiabamos a auga e dábamoslle de comer.

Estes son os debuxos que fixemos:

OS NOSOS PEIXES

venres, 20 de marzo de 2015

BENVIDA PRIMAVERA!

Hoxe á noitiña dirémoslle ADEUS AO INVERNO para darlle a BENVIDA Á PRIMAVERA!


Xa levamos varias semanas cun tempo algo máis agradable e soleado que nos permitiu ver unha primavara anticipada.

Por iso estivemos fixándonos en varias árbores do patio do noso cole para observar como as súas polas sen follas do inverno, empezaban a brotar...

MOREIRA


SAUCE CHORÓN


FALSO AMENDOEIRO

Seguiremos fixándonos cada semana para ver como van saíndolle máis follas, flores, froitos...


Coa chegada da primavera motos animais comezan a sair do seu letargo invernal: paxariños piadores, insectos revoloteando...

O outro día tivemos a sorte de ver unha fermosa BOLBORETA brnca no patio cuberto.


Clasificámola dentro do grupo dos insectos: animais de pequeno tamaño, con 6 patas, antenas, algúns con ás outros non e ovíparos.

Recordamos que no mes de OUTUBRO chegaron á nosa clase uns VERMES DO ANÍS que posteriormente fixeron o casulo, para comezar a cambiar de forma (metamorfose) e témolos na clase á espera de que coa chegada da primavera, co sol e o bo tempo, comecen a sair as bolboretas...



A DESFRUTAR DA PRIMAVERA!