sábado, 31 de xaneiro de 2015

AS NOSAS POMBAS DA PAZ

Aquí vos deixo o proceso de elaboración das nosas POMBAS DA PAZ:

* Unha pomba fixémola coas pegadas dos dedos, empregando múltiples cores, intentando representar a diversidade de razas, de relixións, de crenzas, de características, de gustos... que hai.
Todos diferentes, todos convivindo xuntos, TODOS EN PAZ!






* Seguindo o modelo da primeira, no que se refire ao que queríamos expresar, a outra pomba levaba as cores ao longo da súa silueta. 





SEMANA DA PAZ: Pombas

Estas son as nosas POMBAS DA PAZ:



"Non todo é BRANCO ou NEGRO
a vida é de MOITAS CORES..."

venres, 30 de xaneiro de 2015

DÍA DA PAZ

30 DE XANEIRO 
DÍA DA ...

Hoxe todos os alumnos/as do CPI de PONTECESURES celebramos o DÍA DA PAZ.

O lugar de reunión foi o ximnasio, que estaba decorado por murais sobre o tema, e cheo das Pombas da Paz que cada curso estivo decorando estes días. (Durante o fin de semana subirei as fotos da nosa pomba)

Os alumnos de 1º e 2º de E.P.  falaron sobre cousas positivas e negativas sobre a PAZ, acompañadas por ilustracións realizadas polos alumnos de E.I.

Os de 3º e 4º rendironlle unha pequena homenaxe a Malala. Premio nobel da Paz.

Os de 5º e 6º interpretaron unha canción sobre a Paz.





         PAZ HOXE...
                         E SEMPRE!



SEMANA DA PAZ: PAZ

Como non podía ser doutro xeito, neste día, a palabra de hoxe é...


Levamos toda a semana falando deste concepto, que hoxe chega ao seu "máximo esplendor" coa celebración do:  

DÍA DA PAZ

Hoxe repasamos todo o que aprendemos e sobre a PAZ, as cousas que debemos facer para conseguila, cales debemos evitar...

E recordamos cada unha das PALABRAS DE PAZ desta semana: 


                                      "PAZ " 



"OS NENOS QUEREMOS A PAZ"



xoves, 29 de xaneiro de 2015

SEMANA DA PAZ: Respeto

A palabra de PAZ de hoxe é: 




* RESPETO:  é un sentimento positivo que se refire á acción de respetar; é equivalente a ter veneración, aprecio e recoñecemento por unha persona ou cousa. 








"RESPETAR, PARA SER RESPETADOS..."



mércores, 28 de xaneiro de 2015

SEMANA DA PAZ: Igualdade

A palabra de PAZ de hoxe é: 



IGUALDADE: independentemente da raza ou da cor da nosa pel.
IGUALDADE: sexamos nenAs ou nenOs.     

IGUALDADE: sen que importe o noso tamaño

IGUALDADE: independentemente da cor do noso pelo 
IGUALDADE: independentemente da cor dos nosos ollos. 


IGUALDADE: aínda que teñamos gustos distintos...
"Para gustos as cores"

TODOS IGUAIS...
TODOS DIFERENTES...

martes, 27 de xaneiro de 2015

TALLER DE DISFRACES, Entroido 14

Despois dos bos resultados e das mellores sensacións que nos quedaron o curso pasado, este ano voltamos a realizar o TALLER DE DISFRACES no que pais, nais e mestras traballamos conxutamente na elaboración dos traxes de entroido dos pequechos.

Gracias a todos os participantes (maioritariamente "mamis", a ver se aumenta a afluencia masculina).

Tarde entre gomaeva, cartulinas, aironfish, gomets... moito que recortar, pero sobretodo un par de horas que se fixeron moi amenas compartindo risas e experiencias dos nenos.







VÉMONOS O VINDEIRO MARTES!





* Para a semana desvelarei a temática do Entroido deste ano, e mostraremos algunha foto dos disfraces rematados.


SEMANA DA PAZ: Amor

A PALABRA DE PAZ de hoxe é:



AMOR 

* Sentimento relacionado co afecto  e o  apego que se sinte.

* Debemos amarnos, sen que nos importe como sexamos, que pensemos ou que nos gusta.
O amor ás persoas debe estar por riba de todo.

* Con AMOR haberá PAZ...

luns, 26 de xaneiro de 2015

SEMANA DA PAZ: Tolerancia

O venres 30 de Xaneiro é día da Paz, por iso durante toda esta semana realizaremos múltiples actividades relacionadas con este tema.

Cada día traballaremos unha PALABRA DE PAZ.

A palabra de hoxe é:





TOLERANCIA

* Respeto por los pensamientos y las acciones de otras personas cuando resultan opuestos o distintos a los nuestros.

* Comprensión, entendimiento, respeto...

* Explicamos que a cada un pode gustarnos unha cousa diferente, por exemplo á hora de xogar, pero non impoñemos o que nos queremos, nin nos burlamos ou rexeitamos  o que non nos gusta, senón que nos respetamos e somos bos amigos.

* Falamos un pouco do atentado en Francia: no que dous homes mataron aos debuxantes da Revista Charlie porque non lles gustaba o que debuxaban. 
NON FORON TOLERANTES...
NON QUERÍAN A PAZ...

MALETA VIAXEIRA

Como cada luns, hoxe tocou abrir a maleta viaxeira e o maletín dos animais. 



* MALETA VIAXEIRA: Como Bruno estio enfermo o luns da semana pasada, tivo que esperar a que a maleta voltara para ensinarnos o que fixera, e despois fixoo Paula: que fixeron con Lula e Manoliño, se lles gustou o conto de "A que sabe a lúa", que animais inventaron coas cousas da casa "Imaxina animais", e que receita de cociña elaboraron.

BRUNO xogou ao escondite co seu irmán Lois, con Lula e Manoliño. Con axuda da súa mamá fixo con fieltro os peronaxes de "A que sabe a lúa" que quedaron preciosos. Tamén inventou uns animais super chulos. E eleborou un biscoito de iogur coa súa avoa.

PAULA levou a ás nosas mascotas, Lula e Manoliño, ao cumple de Hiwot, que celebrou este fin de semana, e o domingo levounos a montar nos cabaliños a Padrón. A súa prima Alexandra contoulle todas as noites o conto. Coa súa mamá fixo unha medusa super guay cun globo e unha bolsa. E fixo un flan de ovo que tiña moi boa pinta.

* MALETÍN DOS ANIMAISGabriel falounos sobre os animais que máis lle sorprenderon do álbum. Destacou unha araña velenosa que vivía en África que lle daba moito medo, e que por iso non quería viaxar alí nunca...
Ademáis ensinounos ás súas mascotas: Klanquet o seu canciño e os seus peixiños Águila y Halcón.

Esta semana...

A MALETA VIAXEIRA vai á casa de ZOE

O MALETÍN DOS ANIMAIS vai á casa de HELENA






















domingo, 25 de xaneiro de 2015

MURAL ANIMAIS

Cas imaxes que os nenos trouxeron da casa realizamos un mural no que clasificamos os animais tendo en conta por onde se moven:

      TERRESTRES
                ACUÁTICOS
                       SEMIACUÁTICOS
                                               AÉREOS



sábado, 24 de xaneiro de 2015

OS NOSOS PEIXES

Esta semana estivemos aprendendo cousas sobre como se moven pola auga os animais acuáticos.

NON só os peixes son animais acuáticos.

Para moverse na auga os animais poden facelo de diferentes maneiras:

* Os peixes nadan empregando as aletas e a cola.
* Animais como a lamprea ou a anguía desprezanse na auga con movementos ondulantes do seu corpo.
* Os calamares e as sepias móvense expuulsando chorros de auga a presión.
* E algúns animais semiacuáticos teñen patas especialmente preparadas para moverse pola auga, coma se fosen remos: pato, ornitorrinco...

Aquí podedes ver os PEIXIÑOS que debuxamos.




xoves, 22 de xaneiro de 2015

SEGUIMOS COS CABALOS...

DEBUXAMOS CABALOS.

YERAY



* Como onte estivemos falando e aprendendo cousas sobre os cabalos, hoxe decidimos debuxar un.

Que tal nos quedaron? 

mércores, 21 de xaneiro de 2015

CABALOS

HOXE FALAMOS DOS CABALOS.

HELENA

* Gabriel trouxo uns xoguetes para ensinarllos aos seus compañeiros. Explicamos que se trataba duns XINETES, que así se lles chama ás persoas que montan a CABALO.

Como tamén trouxo un podio falamos sobre as carreiras de cabalos e sobre as competicións con salto de obstáculos, na que os xinetes entrenan aos seus cabalos para que fagan o que eles lle mandan.
Fixemos un simulacro de carreira para ver quen quedaba 1º, 2º e 3º. Colocamos a cada cabalo no seu lugar do podio, e colocámoslle a coroa do CAMPIÓN ao cabalo vencedor e o trofeo ao seu xinete. 




* Repasamos todo o que levamos aprendido sobre os animais en canto a por onde se moven e como o fan, e analizamos aos CABALOS.
- son animais terrestres
- son cuadrúpedos

* Aprendemos que os pes dos cabalos se chaman CASCOS, (imitamos o seu son), e por debaixo dos cascos, levan FERRADURAS (Herraduras), que son coma os zapatos dos cabalos.

* Observamos a Ferradura e descubrimos que se parecía a "unha U facendo o pino".
Helena, que hoxe foi a encargada, debuxou unha ferradura no encerado. 
Quedoulle ben chula!



martes, 20 de xaneiro de 2015

CROCODILO

DEBUXAMOS O CROCODILO.
  GABRIEL

* Como este curso estamos aprendendo cousas sobre os animais, estes días estamos traballando co contro de CROCODILO.
Hoxe o encargado contounos a todos o conto empregando as imaxes.
 













*  Levamos unha temporada falando de por onde se poden mover os animais e como o fan. Aprendemos que o crocodilo é un animal semiacuático, que pertence ó grupo dos reptiles e que para desprazarse repta.

*  Despois do conto debuxamos o CROCODILO: