De seguro que durante estas datas unha das cousas que maís descaca na vosa decoración de Nadal é a ÁRBORE...
O normal é ter un abeto cheo de luceciñas, bolas, adornos, cintas, cunha estrela no máis alto... pero no noso cole ademais do ábeto clásico, que xa víchedes nalgunha publicación anterior, preparamos unhas...
ÁRBORES DE NADAL MOI ESPECIAIS!
* Pintamos con temperas, pinceis e rodillos un gran abeto que colocamos na entrada de Educación Infantil. E para decoralo cada pequeno picou unha boliña brillante e pegoulle a súa foto.
*Coa silueta das mans de todos os alumnos do centro, dende os de E.I. aos de E.S.O. formamos esta singular e fermosa árbore de Nadal. Repleta de vos desexos para estas datas tan máxicas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.