* MALETA VIAXEIRA: Como Bruno estio enfermo o luns da semana pasada, tivo que esperar a que a maleta voltara para ensinarnos o que fixera, e despois fixoo Paula: que fixeron con Lula e Manoliño, se lles gustou o conto de "A que sabe a lúa", que animais inventaron coas cousas da casa "Imaxina animais", e que receita de cociña elaboraron.
BRUNO xogou ao escondite co seu irmán Lois, con Lula e Manoliño. Con axuda da súa mamá fixo con fieltro os peronaxes de "A que sabe a lúa" que quedaron preciosos. Tamén inventou uns animais super chulos. E eleborou un biscoito de iogur coa súa avoa.
PAULA levou a ás nosas mascotas, Lula e Manoliño, ao cumple de Hiwot, que celebrou este fin de semana, e o domingo levounos a montar nos cabaliños a Padrón. A súa prima Alexandra contoulle todas as noites o conto. Coa súa mamá fixo unha medusa super guay cun globo e unha bolsa. E fixo un flan de ovo que tiña moi boa pinta.
* MALETÍN DOS ANIMAIS: Gabriel falounos sobre os animais que máis lle sorprenderon do álbum. Destacou unha araña velenosa que vivía en África que lle daba moito medo, e que por iso non quería viaxar alí nunca...
Ademáis ensinounos ás súas mascotas: Klanquet o seu canciño e os seus peixiños Águila y Halcón.
Esta semana...
A MALETA VIAXEIRA vai á casa de ZOE
O MALETÍN DOS ANIMAIS vai á casa de HELENA
Esta semana...
A MALETA VIAXEIRA vai á casa de ZOE
O MALETÍN DOS ANIMAIS vai á casa de HELENA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.