Agosto chega o seu fin...
Para os mestres rematan as vacacións de verán e mañán debemos retomar ás clases.
Despois destes meses de descanso, este blog tamén remata o seu "silencio" para poñerse de novo en funcionamento.
Hoxe é para min un día agridoce, e non polo feito de que hai que volver ao traballo, senón porque mañán terei que emprender un novo camiño, nun novo centro, e é inevitable que me acorde dos meus pequechiños e das súas familias que tantos bos recordos me deixaron e que sempre levarei no meu corazón.
Por iso hoxe, con un aire de nostalxia, e algunha que outra bágoa, pasei a tarde observando as imaxes e recordos destes 5 anos no CPI DE PONTECESURES.
Cinco cursos de recordos inolvidables con alumnos, mestres e familias que fixeron todavía máis dura a despedida.
E agora, retomo as publicacións do meu blog, coas imaxes mais emocionantes de todas: as do LIBRO DE DESPEDIDA co que os meus pequechos me sorprenderon ao remate do curso. Libro que non me cansei de mirar ao longo de todo o verán e que hoxe merecía unha última ollada antes de que mañán comece no meu "novo cole".
Pero sempre seredes OS MEUS PEQUECHOS: o grupo co que naceu A AULA DE BERE!
NUNCA VOS ESQUECERÉI!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.