Hoxe comezou o mes de SETEMBRO e con el empeza a conta atrás para a VOLTA Ó COLE!
O xoves 10 de Setembro dará comezo o curso 2015/16 para os pequechos, que despois destes meses de vacións deben voltar ás aulas.
Igual que os pasa aos maiores, para os nenos o remate das vacións tamén supón un gran cambio.
Por iso é recomendable que durante estes días previos ao inicio do curso, preparedes aos vosos fillos para favorecer a súa adaptación ao cole.
Estas son algunhas ideas de cousas que podedes facer:
* Comezade a cambiar ás rutinas de sono: acostádeos antes ergédevos máis cedo, para ir acostumándoos ao horario da escola.
* Anticipádelle que se aproxima á volta ó cole: facédeo dunha forma positiva de xeito que lles resulte atractiva a idea de volver á escola.
* Aproveitade para recordar anécdotas e vivenzas divertidas do curso anterior. Ollade fotos ou vídeos do ano pasado que lles devolvan a nostalxia por reencontrarse cos seus compañeiros e coas mestras.
* Preparade a mochila, o mandilón e as cousas que precisan para o cole. Se van a estrear algo, todavía lles fará máis ilusión.
* Recordade xuntos ás cousas máis siginifactivas ou os lugares que visitaron nas vacións para compartir esas experiencias coa súa mestra e cos seus compañeiros o primeiro día.
* Á volta ao cole debe ser un acontecemento que os alumnos esperen con ansia. Despois estará nas nosas mans, como mestres, conseguir que cada día sexa unha aventura de aprendizaxe na que os nosos pequenos esten desexando embarcarse!
Unha aperta forte a todas as familias
dos meus pequechiños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.