xoves, 10 de setembro de 2015

COMEZA O CURSO!

Hoxe todos os pequechos tiveron que VOLTAR AO COLE...



Para os alumnos da clase de 4 ANOS A (5º E.I.) do CEIP DAS FONTIÑAS, supoxo un día de nervos e espectación posto que sabían que se Ían atopar cunha mestra nova... eu, A PROFE BERE, que posiblemente me atopara igual, ou aínda máis nerviosa ca eles, ante un novo curso escolar.



Os primeiros minutos serviron de toma de contacto coas familias, para facer unha pequena presentación, explicación de aspectos destacados e entrega de documentación. No mes de OUTUBRO realizarei unha REUNIÓN grupal para todas as familias, nde trataremos todo máis polo miudo. Posto que estas semanas do mes de SETEMBRO serán unha especie de "periodo de adapatación" no que coñecer aos peques a ver como planificar o curso escolar en función das súas características, necesidades e peculiaridades, co fin de optimizar ao máximo o proceso educativo , xa que o centro deste proceso, son eles, OS ALUMNOS.

Unha vez que as familias se marcharon, tocou coñecernos, falar un pouco sobre as vacacións, e coñecer a AULA, que aínda que era a mesma que o curso anterior, cambiaron algunhas cousas, como as distribución dos RECANTOS na que posteriormente os nenos e nenas puideron xogar, para socializar, volver a atoparse despois do verán, descubrir os xoguetes e materiais novos...




Despois realizaron un fermoso debuxo sobre o que mais lle gustou das vacacións...



Logo MERENDA para repoñer forzas. RECREO, para liberar tensión e reencontrarse co parque e co arreiro, que xa  tiñan ganas. Antes de marchar algo de  música para mover o esqueleto  e  unha curtametraxe no ordenador... 

E coma quen non quere a cousa, REMATOU A MAÑÁ... 

Rematou o PRIMEIRO DÍA DE COLE...

ATA MAÑÁN!

* Este blog está pensado e deseñado para ser unha ferramenta de comunicación entre as familias e a miña aula. 
Nel poderedes atopar toda a información sobre o traballo dos vosos peques (traballos, actividades, manualidades, rutinas, talleres, saídas...) para que deste xeito poidades observalo en familia, comentalo co voso fillo/a e incluso apoiar e reforzar os aspectos que vaiamos traballando na aula. 
Espero que sexa do voso agrado!
Dede este momento estou á vosa disposición para calquera cousa que precisedes.

Un saúdo.  A profe Bere.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.