Se onte lle dicíamos ADEUS Ó VERÁN cun fermoso día de sol cun fermoso ceo azul e temperatura agradable, hoxe dixémoslle OLA Ó OUTONO cun día gris, algo chuvioso e con algo mais de fresquiño...
Para comezar a falar desta ESTACIÓN que comeza, e que nos acompañará durante uns meses, primeiro fixemos unha comparación co verán, para comezar a ver que cambios se producen.
O primeiro que dixeron os pequechos sobre o OUTONO foi que ás árbores se lla caían as follas, así que, miramos pola FIESTRA da nosa aula para fixarnos...
Certamente as follas dás árbores comezaban a caer, xa se vía algunha polo chan, pero tamén nos fixamos que as follas cambiaban de cor.
* No verán as árbores están repletas de follas verdes.
* No outono as follas comezan a cambiar de cor, tornan en amarelo, laranxa, vermello, marrón... AS CORES DO OUTONO!
Pero... a todas as árbores se lle caen as follas? pois NON.
* As árbores de FOLLA CADUCA perden as súas follas no outono.
* As árbores de FOLLA PERENNE non perden as súas follas.
Realizamos uns DEBUXOS de ÁRBORES DE OUTONO, que vós parecen?
O CLIMA tamén cambia:
* Deixa de quentar tanto o sol e comeza a facer frío, por iso a nosa roupa xa non é manga curta, senón de manga longa para así non pasar frío.
Hai que poñer roupa especial para a choiva: chuvasqueiro, botas, paraugas...
* O ceo azul, moitas veces tórnase en cor gris. Aparecen as nubes e a choiva, moitas veces acompañadas polo vento.
No outono tamén hai ALIMENTOS TÍPICOS, dos que falaremos os vindeiros días.
Buscamos en internet CANCIÓNS sobre o outono, e atopamos un montón. Esta é unha que aprendemos, pouco a pouco aprenderemos máis:
Buscamos en internet CANCIÓNS sobre o outono, e atopamos un montón. Esta é unha que aprendemos, pouco a pouco aprenderemos máis:
Atrevédesvos a cantala e facer os xestos cos vosos pequechos? Eles ensinaránvola...
* MIRA BIEN Y VERÁS LAS HOJAS CAER (bis)
Los árboles verdes
se quedan sin hojas,
las flores de colores
se duermen también.
* MIRA BIEN Y VERÁS LAS HOJAS CAER (bis)
El cielo azul
se llena de nubes,
yo saco el paraguas
y el abrigo también.
* MIRA BIEN Y VERÁS LAS HOJAS CAER (bis)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.