mércores, 23 de setembro de 2015

FROITAS DO OUTONO: MANDARINA

Hoxe durante a nosa exploración xa comezamos a falar dalgún froito do outono, pois cando nos achegamos ao castiñeiro vimos os ourizos dentro dos que están medrando as CASTAÑAS.

Pero á hora da MERENDA, ao ser mércores, día da froita, tamén falamos dunha que é típica nesta estación como é a MANDARINA, xa que varios pequechos trouxérona.



* ANDREA mostra unha madarina sen pelar, SARA unha pelada e IAGO ensínanos a súa fiambreira valeira, xa que tiña tanta fame que cando quixemos tomar a foto, xa a comera.

Falamos da súa cor, forma, que pertence á familia dos cítricos... Tocamos a pel e despois ulímola, pois ten un arrecendo moi agradable, de feito deixámola na aula nun pratiño, para que faga de "ambientador natural"


Durante o que dure esta estación, co paso dos días iremos descubrindo máis froitos...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.