venres, 25 de setembro de 2015

OURIZOS DE CASTAÑAS

Hoxe IAGO trouxo un par de OURIZOS de castañas para ensinárnolos. 

Eran pequenos e xa estaban secos, por iso a súa cor era marrón. Intentamos abrilos, pero non tiñan nada dentro, nin sequera se formaran as castañas, polo que cremos que caeron ao chan antes de madurar.



MOITÍSIMAS GRAZAS IAGO!

Este fin de semana irei polo bosque na busca de ourizos para que poidamos abrilos na aula. E tamén collerei algunha cousiña máis típica do outono...

Fixámonos moi de preto nas "espiñas" dos ourizos, que son un sistema de protección. Gracias a elas os animais non poden comer as castañas porque se pinchan.



Tamén aprendemos unha pequena cantiga:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.