Algo moi representativo do comezo do OUTONO e sobretodo deste mes de SETEMBRO son as UVAS. Esta é época de VENDIMAS, recolectar as uvas para facer o viño.
Galicia é unha terra con moita tradición no que se refire á uvas, e por iso me pareceu interesante achegarlles este tema aos pequechos.
Levei á aula uns cantos ACIOS DE UVAS para que os pequenos experimentasen en primeira persoa o proceso de elaboración do viño, pero adaptándoo.
Ensineilles varias fotos reais que quitei na aldea tanto á parra e as uvas (de diferentes clases), coma aos aparellos que se empregan neste proceso; pois a miña familia estaba en plena vendima.
Falamos de como é este proceso:
* O primeiro é vendimar, recolectar as uvas. Para iso córtanse os acios empregando tesoiras de podar e vanse depositando en cestos ou capachos.
* Cando todas as uvas están recolectadas hay que sacarlle o xugo. Antigamente facíase pisándoas, na actualidade empréganse máquinas especiais.
* Ese primeiro líquido que se obtén é "zume de uva" ou mosto.
* Para conseguir o VIÑO, hai que deixalo repousar e fermentar durante un tempo nun pipote.
Nos decidimos facer ZUME DE UVA.
* Lavamos as uvas.
* Esmagámolas coas mans.
* Coámolas.
* Probamos o zume.
LAVAMOS AS UVAS
ESMAGÁMOLAS COAS MANS
COÁMOLAS
PROBAMOS O ZUME
Aproveitando esta actividade realizamos unha acividade artística na que fixemos un ACIO DE UVAS estampando con pintura as pegadas dos nosos dedos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.