O noso RECUNCHO INFORMATIVO sobre VAN GOGH segue "medrando" grazas ás aportacións que os pequechos van traéndo das súas casas.
PEDRO trouxo un libro sobre o pintor, que contiña múltiple información: biografía, datos da sociedade da época... E tamén contiña gran variedade de OBRAS de VAN GOGH , algunha que xa coñecíamos e moitas novas.
IAGO trouxo impresa unha das obras máis coñecidas de VAN GOGH "NOCHE ESTRELLADA". Observamos detidamente o cadro: analizamos que cousas pintou, que cores empregou...
ANXO DOVAL quixo facer unha interpretación propia sobre o cadro "LOS GIRASOLES". Explicounos que técnica e que materiais empregou para pintalo e describiunos o cadro. Quedoulle chulísimo!
Moitísimas grazas polas vosas aportacións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.