Hoxe ao entrar na aula, unha sorpersa estábanos agardando...
Tratábase dunha planta peculiar...
... que debe o seu nome a que vai "xirando" a medida que o SOL se move.
Observámola detidamente, primeiro de lonxe e logo ben pretiño. Tocámola, ulímola e despois falamos sobre ela.
Como o noso xirasol estaba seco, buscamos imaxes en internet, para ver a fermosa cor amarela dos seus pétalos. E visionamos un viedo no que se podía ver como os xirasois se movian seguindo a luz solar.
Describimos cada unha das súas partes: talo, follas, a flor cos pétalos e as sementes.
Sacamos as sementes... PIPAS. Eran algo pequenas posto que este xirasol aínda non medrara o suficiente.
Despois de toda a información recopilada, puxémonos mans á obra, para DEBUXAR o xirasol.
Este é o resultado...
Unha cousa que nos chamou a antención do xirasol, foi o "alto" que era, tiña un talo moi longo. Así que decidimos medilo, e de paso medímonos nós, tomando de referencia o xirasol.
Comparmos as nosas alturas, e buscamos os máis altos e o menos altos.
Despois ordeámonos segundo as nosas alturas.
Mirade canto deu de sí un XIRASOL... E o que queda!
Mañán mais e mellor!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.