mércores, 23 de setembro de 2015

OBSERVANDO O OUTONO

Que mellor maneira de coñecer os cambios do OUTONO que observalos directamente... Por iso hoxe fomos de "exploración" ao redor do noso cole para fixarnos nas árbores que temos.


Nas MOREIRAS puidemos observar a cor amarela na que están tornando as follas.



No CARBALLO AMERICANO apreciamos nunha soa folla todas as tonalidades do outono: o verde estase "transformando" en amarelo, alaranxado, vermello e marrón... abraiante! Unha auténtica obra de arte da natureza!




No pequeno CASTIÑEIRO da entrada, o efecto do outono aínda non se deixa notar, por ten todas as súas follas de cor verde. E os OURIZOS tamén están verdes en pleno proceso de crecemento... canto tardarán en estar listos para poder probar as súas castañas?



 Aproveitamos a nosa "exploración" para recoller algunhas das FOLLAS secas que nos fomos atopando no chan. 




* Estas follas empregarémolas para facer diversas actividades nos vindeiros días.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.