sábado, 5 de setembro de 2015

REENCONTRO...

O venres pola mañán levanteime cunhas ansias locas de sair da casa e coller o coche para facer o camiño que durante 5 años percorrin todos os días do curso...

Cheguei ó CPI DE PONTECESURES invadiume un sentimento agridoce: por un lado a alegría de estar ahí e por outra banda, a pena de ser so por un día...

Aínda que dende logo o mellor da visita foi poder reencontrarme cos meus pequechiños e coas súas familias que se acercaron ata o cole para verme.

Quedeime abraiada ao ver canto medraran todos. Un estirón que deixaba claro que xa deixaron de ser os medianos para este curso converterse nos maiores do patio de infantil.

Mil grazas por agasallarme co voso tempo, coas apertas e bicos, coas palabras de ánimo... sodes incribles! Prometo facer varias visitas ao longo do curso. Sempre seredes "as miñas mamis" e "os meus pequechos".



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.